Saltar ao contido principal
Xornal

O concerto de presentación do II Festival Internacional de Música clasclas será o luns no Paraninfo

Actualizada: 26-04-2019 10:07
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Entre o 27 de xuño e o 6 de xullo, diversos espazos de Vilagarcía de Arousa albergarán a segunda edición do Festival Internacional de Música clasclas. Como avance, o festival presentarase o luns 29 ás 20.30 horas no Paraninfo da Universidade de Santiago nun concerto da man da chelista Anastasia Kobekina na compaña da pianista Olga Kobekina, que interpretarán un programa composto por obras de Stravinsky, Prokofiev e Tchaikovsky.

Anastasia Kobekina é unha das máis sobresaliente virtuosa do seu instrumento. Nada nunha familia moi musical, debutou como solista con tan só 6 anos. Dende entón ten ofrecido concertos con importantes orquestras mundiais como Virtuosos de Moscú, Vienna Symphony, Kremerata Baltica ou Orquestra do Mariinsky, e con directores como Penderecki, H. Schiff, Spivakov ou Gergiev. Premiada en numerosos concursos internacionais, Anastasia Kobekina toca habitualmente música de cámara en diversos festivais con artistas como G. Kremer, Y. Bashmet, D. Matsuev, Fazil Say ou G. Braunstein, entre outros.

Pola súa banda, a pianista rusa Olga Kobekina reside en Barcelona dende os 19 anos, onde traballa coma pianista e profesora de piano no Conservatorio do Liceo. Ten realizado numerosas colaboracións con destacados cantantes. É ademais habitual nas producións do Gran Teatre do Liceu e realizou xiras en España, Rusia, Corea, Polonia, Francia, Cuba ou Italia.