Saltar ao contido principal
Xornal

Enxeñaría Sen Fronteiras organiza un faladoiro sobre tecnoloxías acaídas para a defensa da Terra o 30 de abril na EPS de Enxeñaría

Actualizada: 26-04-2019 10:24
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartaz da xornada

A Escola Poitécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo da USC acollerá o vindeiro martes 30 de abril, a partir das 19.15 horas, na aula 15, unha acción promovida por Enxeñaría Sen Fronteiras sobre as tecnoloxías acaídas para favorecer a defensa da terra.


A sesión, que se desenvolverá baixo o título 'Faladoiro: Teledetección, Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía Participativa para a Defensa da Terra, é de acceso libre e de balde para todas as persoas interesadas.