Saltar ao contido principal
Xornal

Alumnado do Ies Poeta Díaz Castro visitará o luns as actuacións desenvolvidas en As Gándaras co proxecto Life Lugo+Biodinámico

A xornada, na que se prevé a participación duns 50 estudantes de ensino medio do centro guitiricense, encádrase nos actos organizados ao abeiro da Semana Verde da UE

Actualizada: 26-04-2019 15:01
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Plantación de árbores no barrio lugués de As Gándaras

Uns 50 estudantes do Ies Poeta Díaz Castro de Guitiriz visitarán este luns 29 de abril algunhas das actuacións medioambientais desenvolvidas no barrio lugués de As Gándaras ao abeiro do proxecto Life Lugo+Biodinámico.

 

Esta xornada de divulgación científica encádrase no marco das actividades organizadas co gallo da celebración da Semana Verde da UE, dedicada este ano á influencia das leis medioambientais nas nosas vidas, un abano de disposicións normativas que,  entre outros aspectos, protexen a natureza, melloran a calidade da auga e do aire, fomentan a reciclaxe e, en definitiva, protexen e melloran a vida dos cidadáns.

 

O alumnado guitiricense que tome parte nesta xornada divulgativa, que comezará sobre as 10.15 horas, poderá coñecer sobre o terreo as diferentes accións desenvolvidas polo proxecto Life Lugo+Biodinámico a través dunha ruta pola parcela de silvicultura de frondosas, cultivos enerxéticos, o souto, o Arboretum e o humidal As Gándaras-O Ceao.