Saltar ao contido principal
Xornal

O U-Ranking sitúa a USC entre as dez mellores de España polo seu rendemento global

Para a valoración deste rendemento, a clasificación ten en conta as actividades docentes, de investigación e de innovación e desenvolvemento tecnolóxico de cada universidade

Actualizada: 26-04-2019 13:30
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

De entre 48 universidades públicas e 14 privadas, a sétima edición do U-Ranking situa á USC entre as das mellores de España en función do seu rendemento global, definido a partir da avaliación docente, da actividade investigadora e na dimensión da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico. De xeito específico, a Universidade compostelá sitúase na décima posición atendendo ao seu rendemento global, no que se agruparían as actividades docentes, de investigación e de innovación e desenvolvemento tecnolóxico. Neste apartado, o ránking elimina os efectos do distinto tamaño das institución para facelas comparables entre si. Con este criterio, a USC comparte posición coas universidades Miguel Hernández de Elche, Alcalá de Henares, Navarra, Politécnica de Madrid, Lleida e Valencia.

Posto igualmente destacada é o que ocupa na clasificación que recolle os resultados da avaliación da actividade investigadora, na oitava posición, ao mesmo nivel que Cantabria e Illes Balears. No capítulo específico da dimensión da Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, a institución compostelán ascende á décima posición nun grupo liderado polas universidades politécnicas e polas institucións máis orientadas pola súa natureza cara a transferencia de coñecemento ao sistema produtivo.

Completando o cadro de indicadores, Santiago tamén figura no quinto intervalo atendendo aos resultados de docencia, na parte media dunha clasificación que integran o 95% das institucións que conforman o Sistema Universitario Español en termos de número de estudantes de grao e examina preto de 3.000 graos e dobre graos.

Para avaliar a actividade docente, investigadora e de innovación e desenvolvemento tecnolóxico das universidades, esta clasificación considera catro ámbitos en cada unha destas tres grandes dimensións: acceso a recursos, produción obtida, calidade e internacionalización das actividades. Como explica U-Ranking, cada un dos catro ámbitos mencionados analízase a partir dunha serie de indicadores, en función da dispoñibilidade e idoneidade da información, segundo a dimensión que se está estudiando.