Saltar ao contido principal
Xornal

O grupo XuvenCiencia presenta este luns o VII Campus Científico de Verán na Vicerreitoría de Coordinación de Lugo

A sesión informativa, na que, entre outros, participará a vicerreitora Montserrat Valcárcel e a coordinadora de XuvenCiencia, comeza ás 11.30 horas

Actualizada: 26-04-2019 13:52
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo Montserrat Valcárcel; a coordinadora de XuvenCiencia Mercedes Novo; a alcaldesa de Lugo Lara Méndez; a deputada provincial Sonsoles López Izquierdo, e Carlota López, adxunta á dirección da empresa patrocinadora Aresa, presentarán este luns 29 de abril, ás 11.30 horas, na sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, a sétima edición do Campus Científico de Verán XuvenCiencia.

 

A iniciativa impulsada polo grupo XuvenCiencia da USC constitúe un programa organizado e promovido polo profesorado da sede universitaria luguesa en colaboración coa Vicerreitoría de Coordinación, a través do que se pretende espertar a vocación científica do alumnado preuniversitario de toda Galicia. A coordinadora de XuvenCiencia dará conta no acto das novidades que incorpora esta nova edición, así como dos prazos de inscrición, matrícula e celebración do campus científico da USC en Lugo.