Saltar ao contido principal
Xornal

Presentación do libro Adral da Filosofía de Xacobe Medina

Actualizada: 29-04-2019 14:46
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O estudante de segundo curso do Grao en Filosofía da USC Xacobe Medina Dacasa presenta este luns 29, ás 19:30 horas na Facultade, o seu segundo libro Adral da Filosofía. O acto enmarcase no ciclo de presentación de libros que o centro desenvolve ao longo de todo este ano no que se se darán a coñecer obras do profesorado da facultade, de egresados e estudantes do centro.

Ademais do autor, na presentación participarán o vicedecano da facultade, Francisco Javier Barcia González; o presidente da Fundación Filgueira Valverde, Xosé Fernando Filgueira Iglesias.

A lírica popular e a xenialidade, o artista e a tolemia, a música e a linguaxe, a lingua galega, a problemática da sintaxe, o latín e o grego nos institutos, do feminismo e as súas interpretacións, John Lennon e unha filosofía da felicidade, Castelao e a arte ou Filgueira Valverde e os Beatles son algúns dos artigos que o autor introduce neste libro para dar unha visión pouco recorrente da filosofía, das artes e da sociedade.

Xacobe Medina (Pontevedra, 2000) iníciase na literatura no ano 2017, altamente influenciado polo seu bisavó Xosé Fernando Filgueira Valverde, dando lugar ao seu primeiro libro A vida actual segundo vos deuses. En 2018 comeza os seus estudos de Filosofía na USC e publica o seu segundo libro Adral da Filosofía.