Saltar ao contido principal
Xornal

Premios a mellor elenco, actriz principal e performance para compañía de teatro USC-Lugo no Festival Nacional Universitario de Toledo

A formación dirixida por Paloma Lugilde pechará o martes 14 en Santiago a xira de ‘Casa de ilusións’, unha montaxe que vén de presentar en Ourense, Toledo e León

Actualizada: 06-05-2019 14:45
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Compoñentes da compañía de teatro USC-Lugo

A compañía de teatro USC-Lugo vén de colleitar importantes éxitos no Festival Nacional de Teatro Universitario de Toledo, onde presentou a pasada fin de semana a montaxe ‘Casa de ilusións’, unha peza baseada nos textos orixinais da obra ‘O balcón’, de Jean Genet, adaptada e dirixida por Paloma Lugilde.

 

A compañía de teatro universitario do campus de Lugo da USC ofreceu en Toledo dúas funcións da peza ‘Casa de ilusións’, unha montaxe estreada no Festival de Teatro Universitario de Lugo e que tamén presentaron estes días na Miteu de Ourense e na Mostra de Teatro Universitario de León.

 

Logo do éxito colleitados nas últimas edicións do Festival Nacional de Teatro Universitario de Toledo coas obras ‘El Público’ e ‘WK’, a formación dirixida por Paloma Lugilde volveu a sorprender este ano no certame manchego, mo que a compañía luguesa acadou máis dunha ducia de nominacións para finalmente acadar os premios a mellor elenco, así como a mellor actriz principal, que recaeu en Antonella Sturla, e mellor performance ou peza de microteatro.

 

A renovada compañía de teatro USC-Lugo, unha formación integrada este ano por un elenco de actores noveis  Pablo Fernández, Paula Seoane, Ramón Fernández, Antonella Sturla, Alejandra Vargas e Miguel Torres, pechará o vindeiro martes 14 de maio a xira de ‘Casa de ilusións’ en Santiago, no marco do Festival de Teatro Universitario. Ademais do elenco actoral, completan o equipo da formación luguesa Sabela Eiriz, Óscar Lago e Ramón Ferreiro, en calidade de asistentes, e David Asaso e Alfredo Sarille, como técnicos.