Saltar ao contido principal
Xornal

Aberto o prazo de inscrición para a programación de xuño e xullo da Área de Deportes en Santiago e Lugo

Actualizada: 22-05-2019 12:34
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A área de Deportes mantén abertos os prazos de inscrición para diversas actividades de verán, entre elas a escola de natación de actividades acuáticas de xuño e os curso de verán, tanto de Santiago como de Lugo.

Dentro da programación da Escola de natación, as persoas interesadas poderán inscribirse en Aquagym para adultos e cursos específicos para nados en 2004 ou anteriores, para nenos nacidos entre 2005 e 2012 e para maiores (nacidos antes de 1963). Tamén están previstos cursos de natación terapéutica para adultos, adestramento máster e para embarazadas.

No Campus de Santiago, a programación de verán da Área de Deportes repartirase entre os meses de xuño e xullo e comezará cos cursos de aerobic+step, autodefensa, ioga, kung-fu, mantemento e mellora da condición física, pilares, tai-chi, ximnasia terapéutica e zumba. Xa en xullo celebraranse os de  ioga, pilates, ximnasia terapéutica e tenis (este último organizado en dúas quincenas). No Campus de Lugo a oferta concentrarase no mes de xuño con cursos de GAP, ioga, pilates e ximnasia de mantemento.