Saltar ao contido principal
Xornal

A pegada humana e a sustentabilidade do planeta, a debate no marco dun curso de verán da USC no campus de Lugo

O prazo de inscrición neste programa estival, que se desenvolverá os días 13 e 14 de xuño na Facultade de Veterinaria, permanece aberto ata o 7 de xuño

Actualizada: 23-05-2019 09:52
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A análise, o coñecemento e o debate como o rápido aumento da poboación mundial, xunto co desenvolvemento tecnolóxico industrial, agrícola, gandeiro... están a levar a unha diminución dos recursos naturais, á contaminación do aire, da auga e do chan, á extinción de especies, e á erosión e desertización, entre outros impactos negativos sobre a Terra constitúe os obxectivos do curso de verán ‘ A pegada humana e a sustentabilidade do planeta: por que non reaccionamos?’.

 

Este programa estival da USC, dirixido polos profesores Luis Miguel Botana e María Jesús Sainz Osés e que se desenvolverá os días 13 e 14 de xuño na Facultade de Veterinaria de Lugo, está estruturado en 15 horas lectivas e non ten unha oferta de prazas limitada.

 

A pegada humana na agricultura, na pesca e no quecemento global, así como a incidencia destas actividades sobre a biodiversidade, a importancia dos solos na sustentabilidade, a plastificación do mar, cambio climático ou a dieta planetaria son algúns dos temas sobre os que afondarán os relatores convidados a participar neste curso de verán da USC. A inscrición permanece aberta ata o 7 de xuño na web da USC.