Saltar ao contido principal
Xornal

A Axenda 2030, a análise nun curso de verán en xuño en Santiago

O prazo de inscrición remata o próximo 31 de maio

Actualizada: 23-05-2019 10:55
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Do 11 ao 13 de xuño na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais terá lugar un curso de verán no que se reflexionará sobre a Axenda 2030 e os seus Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, con especial atención ao enfoque baseado nos dereitos humanos.

Neste marco, o curso ‘ A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e os dereitos humanos: Oportunidades e desafíos para a erradicación da fame e o logro da igualdade de xénero’ examinará o papel que xoga a cooperación internacional para o desenvolvemento na consecución deses obxectivos.

O programa, que conta con financiamento da Deputación de A Coruña, combina sesións prácticas con numerosos relatorios a cargo de especialistas de universidades españolas e responsables de institucións implicadas.