Saltar ao contido principal
Xornal

A USC organiza coa SD Compostela un Campus de Verán de fútbol

Xa está aberto o prazo de inscrición e desenvolverase entre o 1 e o 5 de xullo por técnicos do club compostelán no campo universitario

Actualizada: 23-05-2019 13:03
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartel do Campus

Rapaces e rapazas de 4 aos 16 anos son os destinatarios do Campus de Verán de fútbol que organiza a USC coa colaboración da SD Compostela a comezos do vindeiro mes de xullo. A inscrición xa se pode formalizar nas oficinas do club compostelán no Estadio Vero Boquete de San Lázaro ou a través do correo electrónico sdcompostela@sdcompostela.com. O Campus desenvolverase entre os días 1 e 5 de xullo no campo da USC, en horario de 9.00 a 15.00 horas. A cota xeral de participación será de 90 euros, con descontos para familiares da comunidade universitaria, canteira da SD Compostela e irmáns ou irmás de inscritos.

O obxectivo do campus é coñecer, progresar e perfeccionar aspectos técnicos e tácticos do fútbol, tanto no plano individual como colectivos, baseándose nun enfoque e metodoloxía lúdica e recreativa, ao tempo que se fomentan as posibilidades educativas do fútbol con actividades complementarias, regulamentación e estruturas. Ademais de mellorar o nivel inicial dos/as participantes búscase favorecer a aprendizaxe, integración, cooperación e progresións dos participantes.

A práctica do fútbol e da maioría das disciplinas deportivas permite promover valores como a amizade, autoestima, tolerancia, solidariedade, igualdade, respecto e o respecto polas normas e supón unha oportunidade de poñer en valor os efectos positivos da práctica da actividade física para a saúde integral das persoas. Esta actividade conxunta entre e a USC e a SD Compostela está recollida nun convenio de colaboración no ámbito académico e deportiva asinado en 2018.