Saltar ao contido principal
Xornal

Acto de graduación da sexta promoción do grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais na Facultade de Ciencias

A sesión académica desenvolverase ás 19.30 horas no salón de actos do centro

Actualizada: 23-05-2019 13:41
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Facultade de Ciencias do campus de Lugo celebra este venres, ás 19.30 horas, no salón de graos ‘José Rodríguez Mourelo’, o acto de graduación da sexta promoción do grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industrias, no marco dunha sesión na que participarán os 14 estudantes que completaron a súa formación de grao no centro universitario lugués entre 2015 e 2019.

 

O adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata, presidirá este acto académico, no que tamén intervirán o decano da Facultade de Ciencias, Francisco Fraga; o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal do Concello de Lugo, Daniel Piñeiro; o deputado provincial Álvaro Santos, e o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo, Jorge Rivera.

 

O profesor do Departamento de Enxeñaría Química da USC, Gerardo Pereira Gonçalvez, actuará como padriño desta promoción de graduados e graduadas en Enxeñaría de Procesos Químicos Industrais, en cuxa representación tamén intervirán na sesión os estudantes Tatiana Montenegro Quintana e Isabel Piñón Fraga.