Saltar ao contido principal
Xornal

A xustiza, a través do método do caso, tema dun curso de verán da USC na Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo

O prazo de inscrición neste programa, que se desenvolverá do 17 ao 21 de xuño e inclúe visitas a xuízos nos xulgados de Lugo, permanece aberto ata o 7 de xuño

Actualizada: 24-05-2019 09:39
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A análise e o coñecemento do mundo da xustiza a través do método do caso centra a temática dun curso de verán da USC que se desenvolverá do 17 ao 21 de xuño na Escola Universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo baixo o título ‘ Unha viaxe polo mundo da xustiza baseada no método do caso’.

 

Estruturado en 27 horas lectivas, este curso de verán da USC, dirixido por Marta Peraleda Viñas e Susana Vázquez Mariño, pretende ser un foro acaído para favorecer a difusión e o coñecemento das diferentes opcións procesuais de que dispoñen os cidadáns para a resolución dos seus conflitos nas diferentes ordes xurisdicionais. Achegar a linguaxe xurídica como instrumento imprescindible de comunicación entre os profesionais do dereito é outro dos cometidos deste programa, que non ten limitada a oferta de prazas.

 

O prazo de matrícula neste curso da Universidade de Verán 2019 permanece aberto ata o 7 de xuño na web da USC. Respecto dos contidos, o programa inclúe relatorios de diversos poñentes do mundo da xudicatura e sobre cuestións diversas, así como asistencias a xuízos nos Xulgados de Primeira Instancia de Lugo, asistencias a vistas orais na Sala do civil da Audiencia Provincial de Lugo e mesmo unha visita institucional e vista oral no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.