Saltar ao contido principal
Xornal

Concerto do pianista compostelán Javier López Jorge no Paraninfo

Actualizada: 27-05-2019 14:00
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O pianista Javier López Jorge interpretará obras de Beethoven e Shumann o vindeiro martes 28 nun concerto a celebrar ás 20.30 horas no Paraninfo da Universidade.

Nado en Compostela en 1988, Javier López comeza os estudos de piano con 8 anos. Logo de estudar no conservatorio profesional de música de Santiago, en 2006 accede ao grao superior de música no Conservatorio Superior de Salamanca, onde se graduará con Matrícula de Honra. Toda a súa actividade como profesional viu acompañada de numerosos premios como o do Concurso Internacional de piano Donostia Hiria en 2001, o II concurso de piano ASGAIM e o ‘Joan Chissel Rober Schumann Lied Competition’.

Recentemente interpretou como pianista solista, xunto coa Escola de Altos Estudos Musicais e baixo a dirección do mestre Maximino Zumalave, o concerto no.12 kv 414 en La M de W. A. Mozart, realizando varios concertos en Galicia. Bolseiro da Deputación de A Coruña e do Royal College of Music, entre os anos 2010 e o 2012 estuda o Máster en Interpretación pianística no Royal College of Music en Londres baixo a tutela do prestixioso pianista e pedagogo Andrew Ball. Dende entón e ata a actualidade establece un dúo co tenor británico William Morgan co cal realiza concerto no Reino Unido. Na actualidade estuda un doutorado en interpretación na Academia de Música Liszt Ferenc de Budapest.