Saltar ao contido principal
Xornal

Un curso de verán analizará as adiccións químicas e psicolóxicas

O prazo de inscrición remata o próximo 31 de maio

Actualizada: 24-05-2019 11:10
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

As adiccións químicas e psicolóxicas no século XXI: Avances en avaliación, tratamento e xestión’ é o título do curso de verán que se desenvolverá no Edificio Docente Roberto Novoa Santos entre os días 11 e 14 de xuño. O prazo para inscribirse remata o 31 de maio.

Dirixido por Mª del Carmen Del Río Nieto e Emilio Rubén Pego Pérez, o curso pretende analizar esas adiccións no contexto da valoración psicolóxica, bases psicolóxicas e neurobiolóxicas, xestión, técnicas comunicativas e terapias psicolóxicas.

En concreto, no curso tratarase a adicción ao alcohol, tabaco, cafeína, cannabis, alucinóxenos, inhalantes, opiáceos, estimulantes, sedantes, hipnóticos, ansiolíticos, xogo e novas tecnoloxías.

O curso, cofinanciado pola Deputación da Coruña, conta co recoñecemento de interese sanitario pola Xunta de Galicia.