Saltar ao contido principal
Xornal

O IGFAE lanza a súa primeira edición de Bolsas de verán

As 10 axudas están destinadas a estudantes de grao que desexen realizar prácticas formativas de inicio á investigación nunha das áreas do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías durante un mes

Actualizada: 24-05-2019 12:50
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartel da convocatoria cuxo prazo de presentación remata o 14 de xuño

O IGFAE lanza a primeira edición do seu programa de bolsas de verán de inicio á investigación, ofrecendo dez axudas dirixidas a estudantes de grao que desexen ter a súa primeira experiencia investigadora. As persoas beneficiarias realizarán prácticas formativas extracurriculares e terán asignado un proxecto de investigación nunha das áreas de investigación do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías baixo a supervisión dun investigador ou investigadora principal. Ademais, durante a súa estadía poderán participar en diversas actividades científicas e formativas.

As bolsas están dotadas con 750 € máis unha axuda de desprazamento cun importe máximo de 500 € para estudantes de fóra de Galicia e ata 80 € para estudantes residentes na comunidade galega. A súa duración será dun mes e desenvolveranse durante os meses de xullo, agosto ou setembro. O prazo de solicitudes finalizará o 14 de xuño. As persoas interesadas poden atopar máis información na web do IGFAE.