Saltar ao contido principal
Xornal

O profesor Sebastián Villasante asesorará ao Comité Científico Técnico e Económico da Pesca na Unión Europea

Actualizada: 24-05-2019 16:24
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Foto de arquivo de Sebastián Villasante

O profesor Sebastian Villasante, do Departamento de Economía Aplicada da USC, acaba de ser seleccionado como asesor do Comité Científico Técnico e Económico da Pesca da Comisión Europea (STECF polas súa denominación en inglés). Este é o órgano consultivo encargado de brindar asesoramento científico-técnico en materia biolóxica, económica, social e institucional sobre a aplicación da Política Pesqueira da Unión Europea.

O Comité seleccionou 33 expertos de toda Europa para asesorar á Comisión Europea durante o período 2019-2022, “período clave para alcanzar a sustentabilidade dos mares europeos e o desenvolvemento socio económico da pesca artesanal e industrial, xa que abarcará tamén a próxima reforma da Política Pesqueira da UE”, aclara o docente da USC. De España, foron seleccionados Raúl Prellezo, Leire Ibaibarriaga e Andrés Uriarte de AZTI (País Vasco); Martín Paloma, do CSIC en Cataluña; y de Galicia, María de la Paz Sampedro (IEO) ademais do profesor Villasante.