Saltar ao contido principal
Xornal

Seminario sobre vivenda, políticas públicas e actitudes sociais na Europa do sur do XX

Actualizada: 12-06-2019 13:00
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O proxecto de investigación ‘Políticas públicas de vivenda e actitudes sociais da poboación en España: Unha visión a longo prazo (1900 – 1990)’ e o Grupo Histagra organizan esta semana o seminario ‘ Vivenda, políticas públicas e actitudes sociais na Europa do sur (S. XX)’.

O encontro comeza este xoves 13 na Sala Hypatia da Facultade de Filosofía da USC e desenvolverase tamén na mañá do venres coa participación de especialistas das Universidades galegas pero tamén da Universidade Degli Studi Dell’Aquila, Autónoma de Lisboa, Nova de Lisboa, València e Granada.