Saltar ao contido principal
Xornal

Acto de recoñecemento aos mellores estudantes nas probas de acceso á Universidade

Actualizada: 05-07-2019 13:34
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A xornada desenvolveuse no Palacio de Congresos e Exposición cunha participación multitudinaria. Foto: Servimav-USC

O reitor Antonio López Díaz presidiu este xoves o acto de recoñecemento ao alumnado dos centros de ensino medio de Galicia cos mellores expedientes nas probas de Acceso á Universidade os mellores expedientes. A sesión celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia e contará coa participación ademais do alcalde do concello de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, e a alcaldesa do concello de Lugo, Lara Méndez López. Son un total de 719 estudantes pertencentes a 212 centros de toda Galicia, 258 rapaces e 461 rapazas cunha nota media de 9 ou máis entre o Bacharelato e a fase xeral da proba de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU).

Na mesa, ademais dos vicerreitores e vicerreitoras de Coordinación do Campus de Lugo; de Organización Académica; de Investigación e Innovación; Comunicación, Cultura e Servizos; de Estudantes e Internacionalización; de Titulacións participaron tamén a secretaria Xeral da USC, o delegado do reitor para asuntos de Ensino Medio, Celso Rodríguez Fernández; o coordinador do programa A Ponte do Campus de Lugo, Javier López González, e a directora do IES Mendiño de Redondela, Eva Cortés Hernández.

A sesión comezou coa intervención de Pablo Manuel Piñeiro Insua, estudante do IES Praia de Barraña de Boiro que tomou a palabra en representación do alumnado, a quen seguiu a directora do IES Mendiño, para dar paso á entrega de diplomas conmemorativos. As palabras do alcalde, primeiro, e posteriormente as do reitor pecharon a xornada.