Saltar ao contido principal
Xornal

Un obradoiro analizará os últimos avances na utilización de nanopartículas magnéticas para o tratamento do cancro

Actualizada: 12-07-2019 12:31
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Nanopartículas magnéticas para hipertermia: retos e oportunidades’ é o título do obradoiro que o luns 15 reunirá un grupo internacional de especialistas para debater sobre o uso de nanopartículas magnéticas para o tratamento do cancro, a chamada hipertermia magnética. O programa celebrarase no Salón de Actos da Facultade de Óptica da USC para avaliar a situación actual das liñas de investigación neste ámbito e comezará ás 9.15 horas.

O evento dá continuidade a primeira edición celebrada en 2017 co gallo dun proxecto da Royal Society entre a USC e a Universidade de York. Neste segunda edición, o programa estará centrado nos retos máis importantes así como posibles oportunidades relacionadas coa hipertermia magnética e volverá estar organizado de xeito conxunto polo investigador posdoutoral I2C, David Serantes, e o catedrático e director do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC, Daniel Baldomir, xunto co profesor Roy Chantrell, director do grupo Computational Magnetism da Universidade de York. Este evento conta co financiamento da Agrupación Estratéxica de Materiais (AEMAT) e polo Laboratorio de Sistemas (LABSIS), ambos da USC.