Saltar ao contido principal
Xornal

A Estación Científica do Courel celebra o 21 de setembro unha xornada sobre agroecoloxía e produción ecolóxica

A inscrición nesta actividade é de balde para todas as persoas interesadas e permanece aberta ata o 16 de setembro na web do centro universitario de Seoane do Courel

Actualizada: 05-09-2019 12:32
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartaz da xornada

A  Estación Científica do Courel celebra o vindeiro 21 de setembro a xornada ‘ Agroecoloxía e produción ecolóxica’, unha actividade formativa e de divulgación que se prolongará en quenda de mañá e tarde e que será impartida por Xan Neira, Elena Díaz, Carlos Brea e Belén Díaz.

 

O programa da xornada, que conta con financiamento da Deputación Provincial de Lugo, inclúe relatorios e obradoiros prácticos de compostaxe e labores culturais. Así, as distintas sesións expositivas versarán sobre as vantaxes da agroecoloxía na mitigación e adaptación ao cambio climático, principios básicos e estratexias de agroecoloxía, o solo e a xestión da materia orgánica e a nutrición das plantas, rotación alternativa e asociación de cultivos e protección de cultivos.

 

A inscrición nesta xornada está aberta ata o 16 de setembro na páxina web da Estación Científica do Courel, onde as persoas interesadas poden cumprimentar o formulario en liña. Tamén é posible formalizar a matrícula a través do enderezo electrónico estacion.courel.inscricions@usc.es. Tamén se pode obter máis información a través do número de teléfono 600942418 ou no enderezo antonio.rigueiro@usc.es.