Saltar ao contido principal
Xornal

A programación académica do IV Ciclo Universitario da USC oferta 53 materias para o curso 2019-20 en Santiago e Lugo

A vicerreitora de Titulacións, Victoria Otero, e a directora do programa de formación de maiores de 50 anos, Esther Olveira, presentaron en Humanidades o novo curso. O prazo de matrícula permanecerá aberto entre o 9 e o 20 de setembro

Actualizada: 06-09-2019 08:30
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Público asistente á xornada de presentación do curso 2019-20 do IV Ciclo Universitario da USC na Facultade de Humanidades

O IV Ciclo Universitario da USC, un programa formativo orientado á participación de maiores de 50 anos, ofrecerá o próximo curso 2019-20 un total de 53 materias nos campus de Lugo e Santiago, que manteñen unha programación académica diferenciada, segundo se puxo de manifesto este xoves na sesión informativa celebrada este xoves na Facultade de Humanidades de Lugo.

A vicerreitora de Titulacións da USC, Victoria Otero, presidiu esta xornada de presentación do novo curso académico do IV Ciclo, cuxo período de matrícula permanecerá aberto entre o 9 e o 20 de setembro nos campus de Lugo e de Santiago. A directora deste programa de formación sénior da USC, Esther Olveira; a  presidenta da Asociación do IV Ciclo no campus de Lugo, María Xosé Meilán, así como coordinadora deste programa na sede universitaria luguesa, Teresa Rodríguez López, quen salientou o éxito sostible do programa de formación sénior da USC, no que o pasado curso formalizaron a matrícula 224 persoas en Santiago e 168 no campus de Lugo.

O acto de presentación do curso 2019-20 do IV Ciclo Universitario incluíu tamén un relatorio da profesora na EPS de Enxeñaría Rosa Romero, quen ofreceu a charla ‘As plantas medicinais: Un recurso natural con futuro’. Romero salientou na súa intervención que as plantas medicinais constitúen un recurso natural empregado por diversos sectores e industrias: Industria farmacéutica, herboristería e parafarmacia, cosmética e de perfumería, de alimentación e bebidas así como na industria dos fitosanitarios e para o coidado, alimentación e saúde animal. O versátil aproveitamento das plantas medicinais implica tamén un mercado a alza, sobre un 2,4% anual, segundo indicou Romero, que cifrou en máis de 83.000 millóns de dólares o volume de negocio e nunhas 400.000 toneladas de planta seca, a cantidade de mercadoría.

A busca tanto de novos fitofármacos así como doutros produtos substitutivos como promotores do crecemento en animais de produción ou de fitobióticos, que sexan tamén seguros para o consumo humano, así como de substancias naturais que poidan ser empregadas como conservantes, colorantes ou saborizantes na industria alimentaria son algúns dos sectores que garanten un futuro prometedor para as plantas medicinais, sinalou Rosa Romero


Outras imaxes


De esquerda a dereita, Meilán, Olveira, Otero, Rodríguez e Romero, na apertura do curso do IV Ciclo Universitario da USC