Saltar ao contido principal
Xornal

Ciencias Económicas e Empresariais da USC acolle dende o xoves as VIII Xornadas de Análise Input-Output

Unha sesión na que se abordará o impacto do viño na economía servirá de preámbulo este mércores ao inicio das xornadas

Actualizada: 11-09-2019 12:20
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Sociedade Hispanoamericana de Análise Input-Output bota a andar este xoves 12, a partir das 9.00 horas,  na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, as VIII xornadas que levan o seu nome e que se enmarcan na III edición da Escola de Análise Input-Output. Como preámbulo do programa a desenvolver este mércores 11 celebrarase a partir das 19.30 horas unha sesión na que Maurizio Ciasccini da Universidade de Roma abordará o impacto do viño na economía.

Nadim Ahmed da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), Ferrán Sancho da Universitat Autónoma de Barcelona ou Raquel Ortega-Argilés da Universidade de Birminghan son algunhas das personalidades que integran o programa dunhas xornadas que incluirán a cerimonia de entrega do premio Emilio Fontela dirixido a recoñecer os traballos presentados por investigadores/as menores de corenta anos.

A Sociedade Hispanoamericana de Análise Input-Output contribúe á promoción, difusión e investigación da análise input-output e desenvolve proxectos científicos destinados ao desenvolvemento e aplicación destas técnicas de análise económica. O programa completo destas xornadas que se estenderán ata o venres 13, pode consultarse na ligazón http://io8.shaio.es/ .