Saltar ao contido principal
Xornal

Probas de acceso da Aula de Teatro da USC

Entre os días 16 e 18 na Sala Roberto Vidal Bolaño

Actualizada: 13-09-2019 10:47
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartel da convocatoria

A Aula de Teatro da USC celebrará celebrará entre os días 16 e 18 a convocatoria de acceso tanto para a obra que estreará no presente curso académico como para as actividades da Escola de Teatro. As probas comezarán ás 18.00 horas na Sala Roberto Vidal Bolaño no Auditorio da USC (Campus Vida).

O programa de actividades desta Aula, dentro da súa Escola de formación, contempla cursos de interpretación (interpretación, canto e movemento en escena), así como de dirección teatral (dramaturxia, escrita dramática e iluminación). As persoas interesadas en acadar máis información tamén poden dirixirse ao teléfonos 8818 11 018 ou 8818 11 021.