Saltar ao contido principal
Xornal

A unidade mixta de investigación Eixo, sobre economía circular da madeira, bota a andar este luns na EPS de Enxeñaría da USC

Pemade presentará a iniciativa promovida xunto con Finsa e co apoio de Gain ás 12.00 horas, nun acto no que intervirá o conselleiro de Economía, Francisco Conde

Actualizada: 13-09-2019 13:07
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC

A Plataforma de Madeira Estrutural (Pemade) da USC, presentará este luns, ás 12.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo da USC, a unidade mixta de investigación Eixo, unha iniciativa promovida xunto con Finsa e co apoio da Axencia Galega de Innovación (Gain), que pretende o desenvolvemento dun modelo de economía circular arredor da madeira para achegar valor e mellorar a competitividade do sector forestal en Galicia.

                                                               

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, presidirá a sesión de posta de largo da unidade mixta de investigación  Eixo, no marco dun acto no que tamén intervirá o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, e a directora de Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey. O catedrático da USC e director de Pemade, Manuel Guaita, e José Carballo e Javier Portela, en representación de Finsa, completan a quenda de relatores.