Saltar ao contido principal
Xornal

O proxecto ‘Mentoring’ abre o seu prazo de inscrición ata o vindeiro 16 de outubro

Esta iniciativa introduce ao alumnado nun itinerario de orientación personalizada ao tempo que lle proporciona o contacto cun profesional experimentado

Actualizada: 07-10-2019 14:20
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Esta iniciativa proporciónalle ao alumando o contacto cun profesional experimentado

O proxecto ‘Mentoring’ da USC de iniciación á carreira profesional, o cal ten como obxectivo iniciar aos estudantes universitarios e titulados recentes nun itinerario de  orientación personalizada e apoio individual, abre o seu prazo de inscrición dende este luns 7 ata o vindeiro día 16 de outubro, ambos os dous incluídos. Esta iniciativa proporciónalle ao alumando o contacto cun profesional experimentado da mesma área de formación ou ámbito profesional que lle ofreza asesoramento, información e apoio para que poida identificar mellor as súas fortalezas, definir o seu proxecto profesional e aproveitar as oportunidades da súa contorna, para mellorar así  as súas posibilidades de acceso ao mundo laboral.

 

O propxecto atópase estruturado en dúas fases. A primeira delas conforma un  itinerario  de orientación personalizada para a identificación de competencias, definición de intereses e obxectivos profesionais, ou elaboración do currículo. Durante este itinerario o alumnado terá varias entrevistas personalizadas cunha das orientadoras laborais da USC. Durante esta fase ademais haberá un  plan formativo  dirixido aos participantes que consistirá en accións complementarias de formación dirixidas á mellora da súa empregabilidade  (competencias e habilidades transversais, recursos e estratexias de busca de emprego...).

 

Na segunda fase ou  proceso de mentorización, realizarase a adxudicación de mentores/as e iniciaranse as entrevistas co mentor/a asignado. Os obxectivos que se perseguen nesta fase son obter coñecementos da área de traballo de interese; enfocar a busca de emprego desde a perspectiva dos empregadores; coñecer profesionais do sector de interese; coñecer outras alternativas profesionais; clarificar dúbidas sobre a profesión elixida; obter unha perspectiva realista do mundo laboral; conseguir apoio para a definición do obxectivo profesional e de itinerarios formativos; adquirir coñecementos específicos e prácticos sobre a profesión do mentor/a; e lograr apoio para mellorar a adaptar o perfil profesional ao mercado laboral.

 

Este programa está dirixido a  estudantes de máster ou titulados de máster no curso 2018-2019, graduados no pasado ano académico, e estudantes de último curso de grao. Nesta ligazón pode obterse información sobre as bases da convocatoria.