Saltar ao contido principal
Xornal

O chileno Héctor Pegoretti ofrece na EPS de Enxeñaría unha charla sobre o potencial enerxético do pélet torrefacto

O relatorio deste investigador, que está a completar unha estadía na Unidade de Xestión Forestal Sostible da USC, será este venres, ás 11.00 horas, na Aula Pemade

Actualizada: 10-10-2019 10:50
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartaz da xornada

O investigador chileno Héctor Pegoretti ofrecerá este venres 11 de outubro, a partir das 11.00 horas, na Aula Pemade, un relatorio sobre o pélet torrefacto de especies de potencial uso térmico.


A temática abordada por este investigador chileno da Universidade de Concepción, que está a desenvolver o seu doutoramento na EPS de Enxeñaría da USC baixo a dirección do catedrático Roque Rodríguez Soalleiro, quen tamén é o coordinador do grupo de investigación Unidade de Xestión Forestal Sostible (Uxfor) xirará arredor da caracterización enerxética de pélet torrefacto de catro especies con potencial uso térmico en Chile.

 

A intervención de Pegoretti permitirá aos asistentes achegarse a algunha das diversas opcións existentes para a xeración de enerxía sostible. Este investigador chileno tamén presentará algunhas datos obtidos nas súas pescudas sobre avaliación do potencial enerxético de clons de Miscanthus e Paulownia establecidos en tres sitios contrastantes en Chile.