Saltar ao contido principal
Xornal

O curso de innovación Akademia amplía o seu prazo de inscrición ata o luns 11 de novembro

O alumnado inscrito nesta iniciativa da Fundación Bankinter coñecerá unha nova forma de traballar en equipo e desenvolver un proxecto innovador

Actualizada: 06-11-2019 14:00
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartel do curso

O curso de innovación Akademia, impulsado pola Fundación Bankinter, amplía o seu prazo de inscrición ata o vindeiro luns 11 de novembro. Esta iniciativa, cuxa inscrición pode realizarse nesta ligazón, está dirixida a alumnado dos últimos cursos de grao e mestrado e conta con vinte e cinco prazas.

 

O programa consta de dez sesións de dúas horas que terán lugar no Edificio Emprendia da USC todos os luns de 14:00 a 16:00 horas, desde o 18 de novembro de 2019. Cada sesión estará impartida por un experto referente no seu sector e o alumnado pertencerá a distintas disciplinas, o cal contribuirá a resolver problemas de maneira innovadora. Durante o curso 2019-2020, e a partir dun material e unha metodoloxía diferentes, coñecerán unha nova forma de afrontar retos e traballar en equipo co gallo de crear un prototipo, utilizando a metodoloxía que empregan as grandes empresas e start-up para a creación das súas ideas.

 

Esta formación contará cunha plataforma online que inclúe os mellores casos de innovación. Por cada tendencia que se estuda, o alumnado terá a oportunidade de asistir a unha clase presencial cun experto e de participar en  encontros con emprendedores españois.