Saltar ao contido principal
Xornal

Bota a andar o programa Iacobus que fomenta o intercambio transfronteirizo de persoal nas universidades da Eurorrexión

O prazo para participar na categoría de estadías de investigación estará aberto ata o o vindeiro 29 de novembro

Actualizada: 08-11-2019 12:56
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O prazo para tomar parte no Programa de Mobilidade Iacobus, nas categorías de estadías de investigación e de publicacións científicas, ábrese ata o próximo 29 de novembro no primeiro caso; e ata o 9 de decembro no segundo. Esta iniciativa está impulsada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal.

 

O Iacobus-Estadías de Investigación é un programa de gran éxito no mundo universitario da Eurorrexión. Suma máis de 1.400 candidatos nas edicións anteriores, entre os que foron seleccionados 798 proxectos de investigación en múltiples áreas de coñecemento. Asemade, ten como obxectivo fomentar a cooperación entre os recursos humanos das institucións e ensino superior e centros tecnolóxicos da Eurorrexión, a través dun sistema de intercambio transfronteirizo de profesores, investigadores, persoal administrativo e de servizos, xestores de innovación e técnicos de I+D+i.

 

Pola súa banda, o Iacobus-Publicacións científicas (Papers) vólvese convocar este ano, na que é a súa segunda edición. A finalidade deste programa é fomentar a cooperación transfronteiriza en actividades de investigación e divulgación científica a través de axudas económicas para a publicación de artigos científicos e de investigación en revistas de prestixio.