Saltar ao contido principal
Xornal  »  "O novo ensino debe ter máis tempo na axenda de todos os profesores"

Miguel Ángel Zabalza Beraza, catedrático de Didáctica e Organización Escolar da USC

"O novo ensino debe ter máis tempo na axenda de todos os profesores"

Miguel A. Zabalza, catedrático de Didáctica e Organización Escolar da USC
Miguel A. Zabalza, catedrático de Didáctica e Organización Escolar da USC
  • Ignacio Rodríguez

O catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Santiago, Miguel Ángel Zabalza Beraza, impartíu a lección inaugural do novo curso universitario e durante a súa intervención salientou que "a progresiva heteroxeneidade dos estudiantes obriga a reenfocar a cuestión dos métodos docentes e tamén dos contidos"

¿A docencia segue a ser un elemento esencial do quefacer universitario?
As universidades son hoxe institucións complexas que deban atender moitas funcións, pero sen dúbida, a principal delas, a que lles da sentido e identidade social é a función docente: levar a cabo o proceso de formación persoal e profesional das futuras xeracións de profesionais.

¿É lícito simplicar esta acti- vidade ás tradicionais leccións maxistrais?
A situación mudou moito nas universidades, tanto no que se refire aos elementos institucionais co- mo os persoais e tamén nos recursos. As novas tecnoloxías relativizaron a importancia das leccións e os textos. O cambio profundo nas profesións obriga a buscar unha formación ao longo da vida.

Ben, xa que logo, ¿como definiría a súa laboura?
Os docentes universitarios están chamados hoxe a converterse en xestores dos procesos de aprendizaxe dos seus estudiantes. Precisarán das competencias tradicionais, pero deben engadir outras novas (manexo de recursos técnicos; aplicación de novas metodoloxías didácticas que faciliten unha aprendizaxe máis profunda e integradora; saber organizar os proce- sos de forma tal que os estudiantes adquiran competencias; saber axudar aos estudiantes).

¿A que ámbitos estendería os cometidos do profesor?
Un dos problemas que temos os decentes é que estamos metidos en demasiadas cousas. Non damos feito entre docencia, investigación, xestión universitaria, actividades de extensión cultural e de asesora- mento ou actuación profesional directa. E xunto a esa proliferación de ámbitos, a actividade docente require cada vez máis atención e máis tempo. O "novo ensino" é moito máis "time consuming" que a lección maxistral. Debe ter máis espacio na axenda dos profesores. Non sei se daremos feito para compaxinar tantas esixencias.

A liberdade de cátedra é un dereito consubstancial do docente, pero ¿de que xeito contribúe este pluralismo á mellor formación do estudantado?
Efectivamente, a liberdade de cátedra é unha fonte de enerxía e de forza creativa para a docencia universitaria. Pero debe ser reinterpretada á luz das novas ideas e dos novos dereitos que se foron consolidando no seu exercicio. Tamén deben ser tomadas en consideración as novas condicións de desenvolvemento institucional da docencia. A liberdade de cátedra non debe ser un salvoconducto para que os profesores fagamos o que nos veña en gana.

Para vostede, ¿cal é o ideal de docencia universitaria?
Non existen modos ideais de docencia, pero sabemos que existen mellores e peores formas de enfrontar a docencia na universidade. Esas formas "mellores" deben ter en común que propicien unha aprendizaxe profunda e integrada por parte dos estudiantes. Máis que saber moitas cousas collidas con imperdibles os estudiantes deben saber manexarse con soltura e profundidade nos temas que traten. Iso implica non só saber repetir definicións, senón ter construído ideas propias e sabelas manexar e contrapoñer a outras.

¿Que tarefas ou obrigacións suporía esta laboura para o profesor respecto do alumno?
Alguén dixo que "os bos profesores forman aos seus alumnos igual que o mar forma as praias: retirándose". Cando no proceso de converxencia fálase de propiciar a "aprendizaxe autónoma dos estu- diantes" significa tamén iso. Os profesores temos que organizar o noso traballo de forma que cada vez sexamos menos necesarios pa- ra os estudiantes.

¿Qué transformacións ocasionará o novo marco europeo de ensino?
A aprendizaxe require contar con situacións e recursos que permitan alcanzar novos coñecementos a partir das tarefas desenvolvidas polos estudiantes. Nese senso, os profesores estamos chamados a actuar xestores desa "posta en escena" que leve paso a paso cara a aprendizaxe. O atrezzo da "coreografía didáctica" serán as nosas explicacións iniciais, os materiais e guías docentes, as actividades que deban desenvolver, os momentos de titoría, a avaliación...

¿Coida que está preparado o profesorado para este cambio?
En xeral, os profesores son persoas interesadas en facer as cousas do mellor xeito posible. Pero pertencemos a unha cultura que baseou a docencia na lección maxistral. Cambiar o chip non resulta fácil. Precísase de formación que propicie o cambio de mentalidade e de novas ferramentas didácticas.

Moitas das críticas que reciben os mestres aluden a súa ineptitude para transmitilos coñecementos. ¿A que achaca estas carencias?
Os docentes somos o que somos, porque fomos seleccionados como fomos seleccionados. A prioridade na selección foi garantir que os profesores eran competentes para a investigación. Só en se- gundo termo pedíase dominio da disciplina, pero non se considerou a competencia comunicativa, que agora depende do azar.

¿Coida que o novo escenario lle dará un maior peso ao alumno fronte ao profesor?
Non. Supón que tamén os es- tudiantes deben mudar o seu chip para asumir o protagonismo que lles corresponde e responsabilizarse do seu progreso. Aprender im- plica facerse persoalmente coas competencias requiridas. Os profesores estamos para axudar a que iso suceda en boas condicións.

Según dí, semella que todo depende da mentalidade.
Por suposto. Por iso debe enfrontarse como un proceso ligado á formación (a mentalidade só muda a través de formación) e nunha perspectiva a medio prazo (requírese de tempo para que as novas ideas vaian asentándose).

Entrevista publicada o mércores, 6 de outubro, no Suplemento Campus do xornal 'El Progreso'