Saltar ao contido principal
Xornal  »  "Lugo debe aproveitar as súas oportunidades para ser un polo cultural da Universidade"

Elías Torres Feijó, vicerreitor de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela

"Lugo debe aproveitar as súas oportunidades para ser un polo cultural da Universidade"

Elías J. Torres Feijó
Elías J. Torres Feijó
  • Ignacio Rodríguez

O Vicerreitor de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela (USC),  Elías Torres Feijó (Tui, 1964), asegura  que a institución académica traballará a  reo nestes próximos catro anos para impulsar o máximo posible as  actividades culturais e deportivas nos seus campus de  Lugo e de Compostela, a  fin de incrementar así a  presenza da USC na sociedade e axudar a mellorar a calidade de vida dos  cidadáns, o que “constitúe un dos obxectivos da Universidade”.

Vai dar o novo goberno da Universidade un novo pulo á oferta cultural da institución académica?
O noso obxectivo é impulsar o conxunto de  actividades culturais, deportivas e de  lecer nos próximos anos.
 
Fala de  obxectivos,  pero que plans de traballo vai  aplicar a súa Vicerreitoría?
Pois mire, unha das  primeiras medidas que  imos levar a  cabo pasa pola constitución de tres comisións universitarias, que se ocuparán de deseñar programas sobre  tres eidos ben diferenciados: Debate político —social, económico, actualidade...—, Relación da cidadanía  coa Universidade e Posta en  valor do patrimonio universitario. Estes grupos de traballo  terán a súas correspondentes  extensións en Lugo tentarán  de facer programacións nas  dúas cidades.
 
Os proxectos dos que  vostede fala seguro que contribúen a facer de Lugo unha  cidade máis universitaria.
A Universidade, como servizo público que é, debe aumentar a calidade de vida da xente.  Estou convencido de que Lugo xa  é unha cidade universitaria de seu,  aínda que se bota en falta que as  súas xentes den máis valor a súa universidade.
 
Aínda así e sen entrar na vella dicotomía campus-cidade, o certo é que  a sociedade luguesa semella que segue alonxada do seu campus.
Este sentimento podería, cando menos correxirse, se a Universidade confire  un carácter máis estable as súas accións  en Lugo, que me gustaría que se sentira  coma unha cidade verdadeiramente universitaria. Para acadar iso, tamén queremos potenciar o tecido asociativo, pero  non só no seo da Universidade, senón  tamén a colaboración de asociacións alleas ao estamento universitario, a fin de  que a produción cultural da USC chegue  á sociedade e vicebersa.
 
Ve factible convertir esta sé universitaria nun importante polo cultural  da USC?
Por suposto que si. É máis, Lugo  debe aproveitar as súas oportunidades  para convertirse nun importante polo  cultural da USC, que, se ben debe respetar as singularidades das cidades de  Lugo e de Compostela, tamén podería  artellar programacións conxuntas, pois  o obxectivo pasa por potenciar a produción cultural da nosa Universidade.  

Non falamos de cartos, pero levar á práctica estas intencións supoño que requirirá unha maior inversión.

A sociedade entende que as universidades son institucións públicas, que teñen que dar resposta a unha serie de problemas. Sen embargo, non po- demos esquecer que a USC, en concreto, ten que tomar unha serie de determinacións que non se solventan con catro  patacóns. O Sistema Universitario Galego (SUG) e o motor do I+D+i de Galicia  e, aínda que estás isntitucións perciben  uns ingresos da Administración, estas  achegas, nalgún caso, tal e como ocorre  na USC, non son suficientes para manter o seu patrimonio. Estas carencias  fan que as universidades perdan capa- cidade para ser autónomas.
 
Aínda así, vostede é optimista de  cara a que a súa vicerreitoría saia re- forzado no reparto dos próximos orzamentos da USC?
Por suposto que si. Non só van aumentar as partidas adicadas a Cultura,  senón que a miña pretensión é multiplicar por catro os recursos cos que contamos na actualidade.
 
O deporte universitario en Lugo  tamén é unha asignatura pendente.  Baralla xa algunha alternativa para  correxir esta eiva?
A USC foi, cando menos en certa  medida, o motor do deporte en Santiago  de Compostela. En Lugo, a Universidade non ten instalacións deportivas de  seu, o que dificulta o desenvolvemento  destas actividades. Podo dicir que vou  traballar para enmedar isto, pois hai que  ir hacia un Lugo deportivo, un proxecto  que require a colaboración de varias administracións e tamén que a propia Universidade vaia acadando instalacións  propias. Ademais deste, outro dos meus  retos pasa por levar o deporte, entendido como actividades saudables e de lecer, aos centros universitarios.
 
Neste esceario, a construcción  dun auditorio universitario no solar  anexo á vicerreitoría de Coordinación  do campus de Lugo supón unha noticia inmellorable para a política cultural que vostede quere implantar na  Universidade.
Non cabe dúbida algunha, pois cando este auditorio sexa unha realidade vai ser un espazo fundamental para  a difusión da cultura universitaria e tamén poderá ser aproveitado polo resto da sociedade.
 
Podería avanzar algún prazo da  execución das obras?
Uf! Síntoo. Non o sei e ademais,  esto xa non é competencia miña.
 
Impulsar o tecido asociativo dentro é fora da Universidade, artellar  programacións estables para o campus de Lugo e así enriquecer a oferta  local son algúns dos obxectivos que  vostede plantexa, pero a onde quere  chegar con isto?
A finalidade é mois sinxela, xa que  a pretensión última non é outra que a  Universidade repercuta as súas actuacións na sociedade para así mellorar a  calidade de vida das persoas.

Entrevista publicada no suplemento Campus do xornal El Progreso, do 18 de outubro de 2006