Saltar ao contido principal
Xornal  »  "A participación social debe ser un eixe do noso obxectivo como formadores"

José Manuel Mayán Santos, vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social da USC

"A participación social debe ser un eixe do noso obxectivo como formadores"

José Manuel Mayán Santos, vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social da USC
José Manuel Mayán Santos, vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social da USC
  • Ignacio Rodríguez

O catedrático de Enfermería Xeriátrica e Xerontolóxía da Universidade de Santiago, José Manuel Mayán Santos, é tamén vicerreitor de Compromiso Social desta institución académica desde o pasado mes de maio do 2006.

¿A USC é unha institución académica comprometida co seu entorno social?
Totalmente, tanto que incluso esta vicerreitoría leva implícito o seu compromiso social na súa denominación.

En que accións se traduce esta vocación solidaria da Universidade?
A través desta vicerreitoría lévanse á práctica os sinais de identidade que dirixen as accións da USC como a “Universidade das persoas”.Varios servizos que asisten a toda a comunidade universitaria desde a optimización do estudo e o traballo docente e laboral, procurando realizar xestións positivas na calidade de vida, condicións de saúde e seguridade laboral. Pretendemos ofrecer que a conciliación da vida laboral e familiar sexa unha realidade.

¿Cre preciso implicar máis a Universidade na vida cotiá da sociedade galega?
A USC está implicada dende sempre, non obstante necesitaríamos unha maior interacción entre a sociedade e a universidade, como se fai, seguramente comprendendo uns e outros que o traballo e a investigación universitaria teñen como fin único mellorar o desenvolvemento e a innovación do colectivo social do seu entorno máis próximo.

Vostede chegou ao goberno da USC hai pouco máis de medio ano, ¿que valoración fai deste primeiro semestre?
Positivo, moi positivo. Hai varias ideoloxías diferentes instauradas dende fai anos no colectivo universitario, e vemos con satisfacción que podemos minimizar as diferenzas e potenciar as comúns en beneficio da USC. Creo que esta política de unión e o esforzo universitario está sendo comprendida e asumida por toda a comunidade universitaria, e isto solo é beneficio para a institución e para a sociedade, que estaba en expectativa e agora ve que hai sinerxia entre todos.

Advirte moitas diferenzas entre a oferta de servizos e de prestacións nos dous campus da USC?
A diferenzas son exclusivamente na oferta de titulacións dun e doutro campus. A oferta de servizos é idéntica, incluso diría que no campus de Lugo, pola súa diminución numérica e os servizos que ofrece, a comunidade está en vantaxe.

A apertura da gardería infantil do campus de Lugo é unha vella promesa da USC, pero cando vai abrir?
A súa apertura é un problema alleo á USC. Confío na sensibilidade das administracións luguesas e en que poidamos ofrecer este servizo á comunidade universitaria.

Un dos compromisos adquiridos na campaña electoral referíase a incrementar os postos de lectura e de informática a disposición dos estudantes. Sen embargo, os alumnos do campus de Lugo protestan pola escasez de salas da biblioteca abertas durante a fin de semana
.
As análises de utilización dos servizos realizados nestes meses non indican unha porcentaxe de ocupación excesiva. Polo que xestionar é precisamente utilizar los recursos dispoñibles, as ofertas necesarias. Non obstante, cando os indicadores aconsellen dispor duns espazos, por suposto que se abrirán. O uso racional destas dependencias non aconsella a apertura, nin por suposto as protestas.

Potenciar as áreas de orientación familiar era outra das propostas plantexadas no seu programa. Avanzou xa algo neste eido?

Nestes momentos estanse planificando con diferentes servizos sanitarios e sociais da administración autonómica e local, non solo a área de orientación familiar, como son os servizos de apoio de hábitos de alimentación e consumo, prevención de drogodependencia, así como os servizos sociais a través de convenios para mellorar a calidade de vida da comunidade universitaria.

A antiga Oficina de Voluntariado, agora Servizo de Participación e Integración Cidadá, vén de cumprir dez anos, nos que rexistrou a carón de 3.500 colaboradores. Xustifican estas cifras a existencia deste servizo?

A Universidade non debe ser exclusivamente o foro da formación e da investigación, ten que ser moito máis, e a participación e a investigación dos universitarios coa sociedade debe ser un eixe primordial do noso obxectivo como formadores, educadores e exemplarizadores do compromiso social.

A futura inserción laboral dos titulados supoño que é unha das procuras últimas das institucións académicas, pero non sería positivo contar cun observatorio de emprego na USC?

Temos dende fai anos áreas de orientación laboral, autoemprego e información xuvenil, servizos conveniados entre concellos, a Xunta de Galicia (Consellería de Traballo) e as tres universidades galegas. Pero ademais a USC ten estas áreas integradas dentro do plan para a creación de empresas da USC (Uniemprende) e da rede de técnicos de emprego en Galicia, polo que estas áreas están destinadas á inserción laboral dos xóvenes universitarios. E na actualidade asumimos dende a vicerreitoría que dirixo, o programa de políticas e plans de acción para a promoción de emprego, buscando un seguimento continuo do comportamento do mercado laboral e as súas demandas aportando datos para a proxección laboral dos nosos titulados.

A Universidade ten programadas para este mes unhas xornadas sobre integración e igualdade da muller. ¿Cal é obxectivo deste foro?
Todo esforzo para levar o compromiso da USC coa sociedade na consecución da igualdade real entre homes e mulleres.

Significa isto que non hai igualdade de sexos no seo da Universidade?

Non é precisamente a conclusión de contar con unha Oficina de Igualdade de Xénero a falta de igualdade na USC. Sinceramente é a Universidade a que ten que avanzar en accións concretas sobre estes temas. Somos moitas veces o espello de plans e proxectos sociais e pretendemos non solo facer teoría, senón tamén exercer práctica onde podamos formar, orientar e reeducar se fose o caso en temas tan importantes coma este.

Tamén traballan vostedes na integración das persoas con discapacidade, que pensan facer?
A diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de corporación e integración de estudantes con necesidades especiais son principios e liñas de actuación fundamentais para a USC. Concretamente, a tal efecto o Servicio de Participación e Integración Universitario está coordinado cos diversos centros e entidades públicas, das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre tódolos membros da comunidade universitaria: Apoios a estudantes con discapacidade, adaptacións curriculares, programa de aloxamento de estudantes con discapacidade, programa de eliminación de barreiras arquitectónicas, centro de documentación para a vida independente...

Entrevista publicada no suplemento Campus do xornal El Progreso, do 7 de febreiro de 2007