Saltar ao contido principal
Xornal  »  "O Cetal antóllase coma unha oportunidade que o campus non debería desaproveitar"

Carlos Herrero Latorre, vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo

"O Cetal antóllase coma unha oportunidade que o campus non debería desaproveitar"

Carlos Herrero Latorre
Carlos Herrero Latorre
  • Ignacio Rodríguez

O vicerreitor de Coordinación, Carlos Herrero, sostén que as novas infraestuturas coas que contará nas vindeiras datas a se universtaria luguesa contribuirán ao desenvolvemento deste campus, que tamén debe aproveitar e beneficiarse así das sinerxías positivas derivadas da posta en marcha do Centro Tecnolóxico Agroalimentario (Cetal), xa que as liñas maestras da súa actividade coinciden con moitas das titulacións impartidas en Lugo.

Que repercusión terán as novas infraestruturas universitarias no desenvolvemento e na actividade do campus lugués?
O Cactus, que acolle os servizos xerais de investigación do campus e que xa é unha realidade, supón un punto de conexión da USC co tecido empresarial da provincia, co que agardamos ter novos encontros nos próximos meses, ao tempo que ofrece melloras de servizos e de calidade aos nosos investigadores. Respecto do novo edificio de laboratorios da facultade de Ciencias, trátase dun complexo que contribuirá a potenciar a laboura investigadora do persoal do centro. Algo semellante pasará coa construción dun edificio para as enxeñerías civís, unha iniciativa na que estamos a traballar xunto coa Diputación de Lugo.

Cubren estas dotacións as necesidades do campus?
Entendo que sí e unha vez rematadas, o campus podería pasar uns anos sen acometer máis obras.

E darán un novo pulo á actividade investigadora desenvolvida na sé universitaria luguesa?
Cantas máis e mellores infraestuturas teñamos, máis posibilidades temos de desenvolver actividades de I+D+i de calidade e máis competitivas. Aínda así, non debemos olvidar que o campus rexistrou nos últimos tempos un ritmo de cremento da súa I+D+i que será difícil manter, xa que a cifra de novos investigadores non pode compararse co volumen dos recursos financeiros captados.

Supón a constitución do Cetal unha boa nova para a USC?
Non cabe dúbida de que así é. O Cetal é unha oportunidade que o Sistema Universitario Galego (SUG) e, en particular, o campus de Lugo non debe desaproveitar, xa que as liñas maestras que orientarán a actividade do Centro Tecnolóxico Agroalimentario encaixan en boa medida co maioría das titulacións impartidas no campus.

A colaboración entre a USC e o Cetal antóllase tan conveniente como necesaria, pero existen posibilidades reais de integrar nos terreos do campus a sé deste centro tecnolóxico?
É unha variable moi interesante e que hai que estudar. A ubicación dun centro tecnolóxico nunha sé universitaria sería inmellorable. Nos terreos reservados para usos da Universidade aínda hai espazos libres e nós estaríamos encantados.

Sospeita que a actividade do Cetal poida influir na da Aula de Produtos Lácteos?
Non debería. É certo que a USC contempla nun horizonte próximo transformar a Aula de Produtos Lácteos nun centro tecnolóxico, que tamén podería estar encravado na sé universitaria. Sen embargo, a posta en marcha de dous centros non é óbice para que exista unha boa colaboración.

O espazo europeo está a presentarse como a panacea universitaria, pero de que xeito avanzan os centros do campus lugués hacia esta nova realidade universitaria?
O espazo europeo de ensino superior está a ter un desenvolvemento máis lento do previsto, por mor de cuestións de normartiva. Aíndas así os centros universitarios de Lugo xa están a traballar tanto na formación dos docentes para a nova metodoloxía de ensino que se persigue, como na implantación dos modelos de créditos ECTS.

Debería aproveitar a USC este proceso para reforzar a súa oferta de títulos no campus lugués?
Claro que debería. Coido que sería bo aproveitar a reorganización dos títulos universtiarios para artellar en Lugo unha oferta de estudos competitiva e complementaria co resto do SUG. Para eso hai que aproveitar os recursos —académicos— cos que xa conta o campus e completalos cun axeitado abano de posgrados.

A situación económica da USC parece que xa ten superado a fase máis crítica, pero a segue a ser a cuestión pecuniaria unha das maiores preocupacións da institución académica?
A situación financeira é sempre unha cuestión que preocupa na Universidade, que está comprometida coa mellora do profesorado, da I+D+i, da calidade docente, das súas infraestruturas... cuestións todas elas que precisan de financiamento.

De que xeito vai incidir na vida universitaria a entrada en vigor das modificacións incluidas na LOU?
A nova normativa, que entrará en vigor o vindeiro día 13 contempla medidas que afectan directamente ao funcionamento cotiá das universidades. Dunha banda, abre novas vías de acceso a recursos para financiar tarefas de I+D, mentras que no que atinxe ao profesorado establece os 65 anos como idade de xubilación dos docentes. Pero hai cousas por clarexar aínda.

Entrevista publicada no suplemento Campus do xornal El Progreso, do 9 de maio de 2007