Saltar ao contido principal
Xornal  »  "Gracias ó esforzo de todos mantemos unha posición de prestixio e solvencia”

Juan Viaño Rey, reitor da Universidade de Santiago

"Gracias ó esforzo de todos mantemos unha posición de prestixio e solvencia”

Juan Viaño Rey, reitor da Universidade de Santiago de Compostela. FOTO: Antonio Hernández
Juan Viaño Rey, reitor da Universidade de Santiago de Compostela. FOTO: Antonio Hernández
  • Íñigo Caínzos

 Viaño cumpriu tres anos como rei­tor da USC. Un periodo compricado pola crise, e aínda que queda traballo por facer, está satisfeito por cumprir unha gran parte do seu programa

Cal é situación actual da USC?
Estamos nun momento moi prometedor despois de saír duns sacrificios moi importantes. Esta­mos recuperando folgos e afron­tamos o futuro con esperanza e moitas posibilidades de mellora.

A nivel académico, os últimos informes coinciden en posicio­nar á USC en moi bo lugar. Cal é o segredo?
Gracias ó esforzo de todo o per­soal a nosa universidade mantén nos rankings unha presenza moi destacada, entre as dez primeiras de España e as 900 do mundo. Hai que salientar a posición da USC en áreas extremadamente importantes no desenvolvemento científico e tecnolóxico da socie­dade, e tamén en áreas de proxec­ción de futuro. Creo que somos unha universidade na que pode­mos presumir de manter, gracias ao esforzo de todos, unha posi­ción de prestixio e solvencia.

Qué están facendo ben?
Tomarnos moi en serio a inves­tigación, aunando esforzos en li­ñas estratéxicas. Todos remamos na mesma dirección e por iso te­mos uns grupos de investigación que se fan valer nos listados in­ternacionais. Quero sinalar os informes que valoran a nosa pre­ocupación polo medio ambiente, como o GreenMetric. Tamén esta­mos entre as mellores en transfe­rencia de tecnoloxía, innovación e emprendemento. A nosa uni­versidade, en conxunto, está ver­dadeiramente ben colocada e mantendo os niveis de prestixio que sempre tivo, pese á crise da que aínda estamos saíndo.

E que hai que correxir?
Temos unha preocupación moi importante: o envellecemento da plantilla. Nós temos unha idade media de profesorado moi eleva­da, preto dos 53 anos, e cunhas xubilaciones masivas do persoal máis cualificado en moitas áreas. Estamos tendo unha dificulta­de moi grande en repoñer esas vacantes. Apelo aos poderes pú­blicos porque é moi importante captar talento xoven. A captación, estabilización e promoción de no­vo persoal son moi importantes.

Vostede queixouse en varias ocasións das taxas conxeladas. É un problema para a obtención de recursos?
Eu me queixei, pero non quero que ás familias lles cobren máis polos estudos universitarios. As familias que non teñen recursos deben ser compensadas con bol­sas para que ninguén que teña ta­lento quede sen estudar. Tamén é verdade que na medida en que as taxas sexan maiores se recauda máis e a institución pode ofrecer maior calidade. Non teñen que ser as familias que non poden as que paguen esas taxas. Póde­se facer política social de moitas maneiras. Os rapaces non se po­den quedar sen estudar por fal­ta de recursos, pero é certo que noutras comunidades polos mes­mos servizos pagan máis. Hai que analizalo con coidado.

Debe gañar peso o financia­mento en base ao rendemento?
Xa pelexamos por esto na ne­gociación do Plan de Financia­mento 2016-2020. Debemos ser financiadas en función do esfor­zo. Aínda queda marxe de mello­ra nos sucesivos plans.

Un dos asuntos de máis actuali­dade é o número de cátedras. Co­mo está a situación?
Está relacionada coa dificulta­de de conseguir persoal novo e recursos económicos. Antes que nada cómpre atender as necesi­dades perentorias: contratar per­soal. Segundo, a estabilización de investigadores que non esta­ban en prazas. Tamén queremos atender á lexítima aspiración de promoción do persoal máis cua­lificado. O tema das cátedras foi analizado e temos unha planifi­cación de prazas que está no lí­mite das marxes económicas. Se a situación mellora, poderíamos ofertar algunha máis. Entende­mos que non é suficiente, pero temos que ser moi coidadosos co noso Plan de Equilibrio.

Cambiando de asunto, falemos do Plan Bolonia, totalmente im­plantado. Cal é a súa opinión?
Foi un cambio metodolóxi­co moi importante, moi necesa­rio nas universidades españolas. Mellorou moito a metodoloxía e a avaliación e permitiu un maior contacto entre profesores e alumnos. As ratios de éxito na USC están no 70%. Aínda que to­do é mellorable, teño a sensación de que nos colocamos a un nivel máis elevado, moderno e próxi­mo ás metodoloxías europeas.

Pero os alumnos e docentes cri­tican os tempos e calendarios...
As horas de Bolonia están moi medidas. Preténdese que os alumnos traballen 1.600 horas ao ano, igual que os docentes. Os plans de estudo teñen que facer­se tendo en conta esas esixencias. Non podemos ensinar nun cuatri­mestre o que estaba previsto para unha materia anual.

Están negociando coa Xunta a implantación dun novo mapa de titulacións. Cales serían?

As primeiras opcións son Bio­tecnoloxía e Criminoloxía. Hai ra­zóns máis que suficientes para a súa implantación. Deberían estar listas para o curso 2018/19.

E os dobres graos?
Traballamos intensamente porque teñen moito éxito. Que­remos poñer ADE e Dereito, pero non vai estar listo para este curso. O que imos estrear é Farmacia e Óptica. Hai moitas combinacións que deberíamos explorar.

Falemos agora dun informe que propón o paso do sistema funcionarial a persoal contrata­do. É necesario?
O sistema funcionarial está bas­seado na estabilidade do persoal. É unha aposta que non ten por­que estar reñida coa captación de talento. Outro tema é a rixidez, que pode dificultar a contrata­ción de persoal. Aí podemos facer melloras. Pero non creo que mu­dar o sistema fose resolver todos os problemas de persoal.

Outro tema que lle toca máis de preto. Cal e a súa opinión sobre o aumento de persoal externo nos órganos de xestión e que sexan eles os que elixan ó reitor?
O sistema de elección de cargos responde a unha democratización progresiva da universidade para o que foron necesarios moitos anos de loita. O sistema democrático é defendible. As limitacións provo­caas a normativa. O importante é cambiar a lexislación, dar outro campo de xogo.

Se cadra o asunto máis grave deste curso foi o do reitor plaxia­rio. A vostede, como homólogo, que lle pareceu?
Como reitor non podo máis que condear eses feitos contrarios a toda práctica académica, o valor esencial da universidade, baseada no principio do mérito, da autoría e da propiedade das ideas. Conde­neino no Consello de Goberno e tomando a iniciativa na Confe­rencia de Reitores para que se po­sicionase en contra destes feitos. Tendo en conta que houbo profe­sores nosos que foron obxecto de plaxio, quero mandarlles o meu apoio e a miña comprensión.

Como puido pasar?
O plaxio produciuse mentres non era reitor, pero fala dunha relaxación no que foron os con­trois. Hai que velar para que non se volva repetir.

Cada vez hai menos alumnado na USC. É un problema demográ­fico ou hai algo máis?
A pesar do descenso demográfi­co mantivemos un volumen cons­tante de entradas. Pero nas ABAU deste ano houbo un 5% menos de estudantes, así que o ano que ven temos que contar con esa baixada na universidade.

Pese a todo, segue a ser un mo­tor económico e social?
Sen ningunha dúbida. A USC é un motor de primeira magnitude. Somos catro mil traballadores e a nosa actividade afecta a 25.000 familias. Hai que ter en conta a importancia da transferencia dos resultados á sociedade, a investi­gación, a formación dos alumnos para o desenvolvemento social.

Leva tres anos como reitor. Que nota se poría?
Foi un periodo moi difícil no que loitamos por cumprir o no­so programa. Cumprimos unha parte moi importante, pero aínda quedan moitas cousas. O noso es­forzo está dando os seus froitos. Creo que o aprobado témolo xa conseguido, e espero que a comu­nidade universitaria poida inclu­so darme un notable.

 

Entrevista publicada no xornal El Correo Gallego do día 11 de xullo de 2017