Saltar ao contido principal
Xornal

Xornal da USC

Mércores, 22 de novembro de 2017
Representantes das propostas premiadas xunto coas autoridades participantes no acto de entrega. Foto: Servimav-USC
O XVI Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC reparte 11.000 euros entre as seis propostas premiadas
Actualizada: 22-11-17 14:00
HGBeyond Materials Science acadou o premio Empresa EBT da USC na décimo sexta edición do Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC, unha convocatoria coa que a institución compostelá busca impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas por universitarios/as, así como a innovación empresarial e a xeración de emprego. O rest ... [máis]
A USC, comprometida coa eliminación da violencia contra as mulleres
A USC, comprometida coa eliminación da violencia contra as mulleres
Actualizada: 22-11-17 13:36
Consciente de que a violencia contra as mulleres é un problema de toda a sociedade, a Universidade de Santiago ten previsto para estes días un programa de actos e accións de sensibilización, enmarcados na conmemoración do Día Internacional que se celebra o 25 de novembro.

O acto oficial da USC terá lugar o 27 de novembro en San Xerome,  ... [máis]
Cartaz da I Carreira Popular Campus Terra
Último día para inscribirse na I Carreira Popular Campus Terra
Actualizada: 22-11-17 13:47
O Servizo de Deportes da USC pecha este xoves 23 de novembro ás 23.59 horas o prazo de inscrición na  I Carreira Popular Campus Terra, tal e como se denomina a terceira proba do calendario universitario galaico-duriense, unha cita que se desen ... [máis]
A cultura universitaria de Galicia e o Norte de Portugal dáse cita a vindeira semana na USC
A cultura universitaria de Galicia e o Norte de Portugal dáse cita a vindeira semana na USC
Actualizada: 22-11-17 10:09
Compostela acollerá os días 28 e 29 a segunda edición do MMP ‘Música e Movemento Partillados’, un encontro cultural universitario das universidades galegas e as tres do norte de Portugal que se desenvolveu por primeira vez en 2016 na cidade portuguesa de Vila Real, sede da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD).

Desde hai tres ... [máis]
Aberto o prazo para solicitar praza e bolsa no Mestrado Erasmus Mundus en Lexicografía
Actualizada: 22-11-17 13:16
Ata o 1 de marzo permanecerá aberto o prazo para solicitar praza no  Mestrado Erasmus Mundus en Lexicografía, que imparte un consorcio de universidades –entre elas, a USC- coordinado pola alemá Friedrich-Alexander-Universität Erlagen-Nürnberg.

O  ... [máis]
Cartaz do concerto
Emsemble L’Imaginaire de Estrasburgo ofrece este xoves o concerto ‘Recoller cascallos’ na Casa do Saber
Actualizada: 22-11-17 11:55
Emsemble L’Imaginaire de Estrasburgo ofrecerá este xoves, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o concerto ‘Recoller cascallos’, unha intervención incluída no programa de concertos do ciclo Do Audible 2017 e na que interpretarán composicións de Filippo Perocco, Andrea Sarto e Nicolas Mondon.  

L’Imagi

 ... [máis]
Chega a sexta edición do ‘International Day’ para promover os programas de mobilidade universitaria
Chega a sexta edición do ‘International Day’ para promover os programas de mobilidade universitaria
Actualizada: 22-11-17 10:44
A Facultade de Medicina será este xoves 23 o lugar no que alumnado estranxeiro que cursa estudos na USC amosará as particularidades culturais dos seus países de orixe. Será no ‘  International Day’, unha xornada festiva que reunirá máis de 50 expositores de China, Arxelia, Armenia, China,  ... [máis]