Saltar ao contido principal
Xornal  »  Manifesto diante do borrador do título de máster en Formación do Profesorado de Secundaria, elaborado polo Ministerio de Educación e Ciencia

Decanos de dezaoito centros das tres Universidades galegas*: Manifesto diante do borrador do título de máster en Formación do Profesorado de Secundaria, elaborado polo Ministerio de Educación e Ciencia


Os decanos que subscriben, desexan expresar públicamente a súa disconformidade co borrador do título de máster en Formación do Profesorado de Secundaria, elaborado polo Ministerio de Educación y Ciencia.

1. Constatamos que a proposta se limita a reproducir a estrutura do CAP, unha fórmula absolutamente desacreditada pola súa ineficiencia como instrumento para a formación do profesorado.

2. A consideración do máster como requisito legal previo para poder concorrer ás oposicións ao profesorado de Secundaria convérteo na práctica en obrigatorio e, deste xeito, nun competidor desleal para calquera outro máster que se poida organizar no noso ámbito de estudo. Supón ademais negar ás titulacións que teñen o ensino secundario como principal destino profesional dos seus egresados a posibilidade de habilitar legalmente para esa ocupación.

3. A pretensión de que este máster dea acceso ao doutoramento parece totalmente inaceptable tendo en conta que os seus contidos formativos non dedican nin un só crédito á formación nas técnicas e nos métodos de investigación propios de cada disciplina.

4. De implantarse inmediatamente, causaríaselles un grave prexuízo aos estudantes das actuais licenciaturas, que se verían obrigados a cursar un mínimo de 360 créditos simplemente para presentarse ás oposicións.

Demandamos polo tanto a retirada do proxecto e a toma en consideración de fórmulas alternativas que afronten seriamente a necesaria reforma da formación docente inicial do profesorado de ensino secundario. Neste sentido, entendemos que existen modelos sobradamente acreditados, como os que rexen o acceso a diversos corpos da Administración, e que consisten en proporcionarlles a formación específica necesaria a aqueles aspirantes que previamente demostren os seus coñecementos na materia e superen as probas de acceso aos ditos corpos.

* Jaime José Gómez Márquez, decano da Facultade de Bioloxía (USC)
Pedro Pablo Gallego Veigas, decano da Facultade de Bioloxía (UVigo)
Horacio Naveira Fachal, decano da Facultade de Ciencias (UDC)
Francisco Fraga López, decano da Facultade de Ciencias (USC - Lugo)
Juan Carlos Mejuto Fernández, decano da Facultade de Ciencias (UVigo - Ourense)
Miguel Ángel Nombela Castaño, decano da Facultade de Ciencias do Mar (UVigo)
María Teresa López Fernández, decana da Facultade de Filoloxía (UDC)
Ernesto Xosé González Seoane, decano da Facultade de Filoloxía (USC)
Joaquín Sueiro Justel, decano da Facultade de Filoloxía e Tradución (UVigo)
Luis Modesto García Soto, decano da Facultade de Filosofía (USC)
María Ángeles López Agüera, decana da Facultade de Física (USC)
Susana Reboreda Morillo, decana da Facultade de Historia (UVigo - Ourense)
José Luis Tasset Carmona, decano da Facultade de Humanidades (UDC - Ferrol)          
Alexandre Veiga Rodríguez, decano da Facultade de Humanidades (USC - Lugo)
Juan Manuel Viaño Rey, decano da Facultade de Matemáticas (USC)
Ramón José Estévez Cabanas, decano da Facultade de Química (USC)
Luis Muñoz López, decano da Facultade de Química (UVigo)
Mar Llinares García, decana da Facultade de Xeografía e Historia (USC)