Saltar ao contido principal
Xornal  »  25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade: 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero


Co gallo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade, a través da Oficina de Igualdade de Xénero, quere manisfestar o seu total rexeitamento a toda forma de violencia baseada en razóns de xénero por constituír unha violación dos dereitos e liberdades fundamentais das mulleres.
 
A UNESCO sinalou que a violencia contra as mulleres ten proporciones epidémicas cunhas consecuencias nefastas para a súa saúde e o seu benestar persoal, así como para o desenvolvemento social e económico en xeral.