Saltar ao contido principal
Xornal  »  Conclusións do encontro internacional de expertos sobre 'Estres, saúde e economía'

Conclusións do encontro internacional de expertos sobre 'Estres, saúde e economía'


Investigadores do Laboratorio de Estres e Neurinmunoloxía da Facultade de Medicina da USC e da Universidade de Estocolmo, coa colaboración do Grupo Compostela de Universidades, organizaron un encontro internacional de traballo que tiña como nexo común a influencia da economía na saúde, con especial atención ao estres. As conclusións do encontro quedan resumidas do seguinte xeito:

1.- O traballo é importante para a saúde en xeral pero, en particular, para a saúde mental. Non obstante, o trabajo e o emprego deben ser de boa calidade co fin de mellorar a saúde. A investigación científica achega datos sólidos sobre as principales características que debe ter un traballo saudable, pero o resultado deste traballo debe aplicarse a nivel de empresas e das políticas nacionais.
 
2.- A crise económica en Europa produciu graves consecuencias sobre a saúde da poboación. Aumentouse a intensidade do traballo e a inseguridade no emprego e, en particular, o forte incremento do desemprego favoreceu a aparición de enfermidades.

3.- As respostas políticas á crise económica, que son as medidas de austeridade, a menudo non teñen en cuenta as consecuencias para a saúde da poboación. Nesta reunión se achegaron novas evidencias sobre os efectos adversos destas medidas de austeridade e, polo tanto, o noso grupo recomenda que responsables políticos teñan en conta os custes sociais destas medidas políticas, sociais e laborais.