Saltar ao contido principal
Xornal  »  Comunicado da Xunta de Facultade de Medicina e Odontoloxía

Comunicado da Xunta de Facultade de Medicina e Odontoloxía


En relación coa proposta da Secretaria Xeral de Universidades de ‘Sinatura dun convenio de colaboración para a docencia en Ciencias da Saúde entre as tres Universidades do SUG’, a Xunta de Facultade de Medicina e Odontoloxía celebrada o 19 de decembro de 2013 acordou manifestar o seguinte:
1.     Descarta unha titulación de Medicina compartida en base a que:
a.   Non existe no mundo precedente dunha titulación de Medicina compartida por tres universidades.
b. As titulacións compartidas implican dificultades insalvables legais e de xestión. A única experiencia en Galicia, Comunicación audiovisual entre Santiago e Vigo, durou un curso, foi un fracaso e deu lugar a creación de dúas titulacións en Santiago e Vigo.
c.   Poderíase entender compartir a titulación se o que se pretendese fose crear tres titulacións de Medicina, pero isto dise que está completamente descartado tanto polo Goberno da Xunta como polas outras universidades, que entenden que para formar o número de médicos que necesita Galicia, unha sola Facultade de Medicina é suficiente, o que nos parece totalmente sensato e compartimos.
d. Estase a favor da especialización dos Campus, o que será enriquecedor para o SUG, e en contra da duplicación ou triplicación de titulacións, que fai ao SUG insostible.
2.     Desde fai mais de 30 anos, ven utilizando para a formación teórico-practica dos estudantes de Medicina, ademais do Hospital Clínico de Santiago, os hospitais de A Coruña e de Vigo, e desde fai uns anos os de Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol, así como tamén, para as prácticas de verán, os hospitais comarcais e centros de saúde.
3.     A Xunta de Facultade considera que debe utilizar todos os recursos do SERGAS para a formación práctica dos futuros médicos, e que nesa formación podan participar todos os profesionais do SERGAS que voluntariamente queiran, aos que se lles debe facilitar que podan facer a carreira docente se é o seu desexo. Isto redundará nunha mellor formación dos alumnos, nunha mellor actualización e motivación dos profesionais, e nunha mellor atención dos pacientes, e en suma nunha mellora da Sanidade de Galicia.
4.     Nos últimos tempos, as outras Universidades aludindo a que teñen concertos co SERGAS para o uso de determinados hospitais, están a poñer atrancos para que podamos neles, como se viña facendo ata o de agora, crear ou convocar a concurso prazas xa existentes de Profesores Asociados de Ciencias da Saúde, ou prazas vinculadas de profesionais do SERGAS que teñan feito a carreira docente.
5.     Finalmente, a Xunta de Facultade de Medicina e Odontoloxía considera que o que se ten que facer é poñer a disposición da Facultade de Medicina de Santiago, como titulación única do SUG, todos os hospitais e centros de saúde do SERGAS para que sexan utilizalos sen atrancos na docencia de Medicina.