Saltar ao contido principal
Xornal  »  4º Encontro da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas e do Consello de Reitores das Universidades Portuguesas

CRUE-CRUP: 4º Encontro da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas e do Consello de Reitores das Universidades Portuguesas


Os Reitores das Universidades Portuguesas e Españolas, reunidos en Braga os días 7 e 8 de abril de 2014, dentro do 4º Encontro CRUP/CRUE, analizaron a situación actual da educación superior nos respectivos países no contexto dos desafíos europeos e globais.
 
Desta forma, manifestan:
1. A importancia da autonomía universitaria para responder adecuadamente á situación de gran complexidade actual, tanto para enfrontarse a una situación de diminución do financiamento público, como para aproveitar as oportunidades emerxentes a escala global.
2. A Universidade constitúe o núcleo central dos sistemas científicos e de innovación nacionais e, como consecuencia, da creación de riqueza dunha economía baseada no coñecemento, polo que deben ser consideradas como elementos estruturais da actividade de investigación e desenvolvemento tecnolóxico do seus países.
3. A disposición e o interese en profundar na cooperación entre as universidades españolas e portuguesas no ámbito de programas de cooperación entre os dous países, así como de iniciativas transfronteirizas, bilaterais e multilaterais.
4. O compromiso no desenvolvemento efectivo e concreción das estratexias de especialización intelixente, en particular no ámbito do desenvolvemento rexional e de iniciativas interrexionais.
5. A aposta firme na construción dunha sociedade baseada na xustiza social e no benestar, na creación de riqueza e no desenvolvemento sustentable.
 
As Universidades da CRUE e do CRUP avaliaron detalladamente o desenvolvemento da educación superior a escala global, incluíndo os países de linguas ibéricas, e tendo en conta:
a)   As capacidades existentes, os resultados obtidos, as actividades realizadas polas universidades portuguesas e españolas, así como o atractivo de Portugal e de España en termos de infraestruturas, seguridade cidadá, oferta cultural e custe de vida;
b)   A importancia das linguas ibéricas no contexto global e a crecente relevancia das economías que falan portugués ou español no hemisferio sur;
c)   Os desafíos do aumento da demanda de ensinanza superior nestes países e, dun modo xeral, en América Latina, en África, en Asia e en Oceanía, tanto a nivel de educación de grao como de posgrao;
d)   Os escenarios actuais e as perspectivas de evolución das distintas solucións de ensinanza no presencial a través de plataformas de diversas tipoloxías e con ferramentas pedagóxicas especializadas;
 
Solicitan dos respectivos Gobernos e Parlamentos:
O desenvolvemento de estratexias e iniciativas conxuntas coa vista posta en situar á Península Ibérica como un espazo de referencia internacionalmente atractivo para a educación superior, a investigación científica e a innovación.
Para isto, manifestan a súa total dispoñibilidade para traballar conxuntamente nestes obxectivos, incluíndo o diagnóstico, a curto prazo, das iniciativas de cooperación en curso, así como os ámbitos de maior potencial e relevancia para reforzar a internacionalización das universidades españolas e portuguesas.
 Braga, 8 de abril de 2014