Saltar ao contido principal
Xornal
Relatos de poética. Para una poética del relato de Gonzalo Torrente Ballester
Relatos de poética. Para una poética del relato de Gonzalo Torrente Ballester

Título: Relatos de poética. Para una poética del relato de Gonzalo Torrente Ballester

Autor: Antonio Jesús Gil González

Editorial: Servicio de Publicacións e Intercambio Científico da USC

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2003

A publicación, o número 18 da 'Colección Lalia. Series Maior' que edita a Universidade de Santiago, é o resultado do traballo realizado no marco do Proxecto de Investigación 'Gonzalo Torrente Ballester' desenvolvido na Universidade de Vigo polo grupo 'Torrente Ballester'.

Segundo advirte no prólogo do libro a profesora Carmen Becerra, o traballo do profesor Antonio Gil constitúe o froito dun longo proceso de reflexión, análise e sistematización das teorías que, no discurso da Posmodernidade, se denominaron co termo xeral de metaficción, "tan intensa particularmente na obra de Torrente Ballester". Trátase xa que logo dun estudo rigoroso que non só se ocupa da análise e interpretación dalgunhas das máis destacadas obras do autor, senón que se centra en presentalas como reflexo e representación da poética narrativa do escritor galego.

En 235 páxinas o profesor Gil estructura a súa publicación en tres apartados claramente diferenciados. Dende a "saga/fuga de GTB" como dá en chamar ao primeiro dos bloques temáticos da obra en clara referencia a La Saga/Fuga de J.B, á análise de fragmentos de relatos pasando pola memoria poética onde profundiza en autobiografías, "ensoños e outros recordos indecisos".