Saltar ao contido principal
Xornal
Portada Ciudades irrepetibles.Santiago de Compostela
Portada Ciudades irrepetibles.Santiago de Compostela

Título: Ciudades irrepetibles. Santiago de Compostela

Autor: Rubén C. Lois, José Formigo Couceiro, Juan Rico Díaz

Editorial: Austral Media. S.L.

Lugar e ano: Barcelona 2004

O enfoque desta innovadora guía, que se vén sumar ás xa existentes sobre Madrid e Barcelona, pretende fuxir dos estereotipos e, aínda tratando os aspectos máis habituais nas visitas, introduce outros novidosos dando a coñecer os barrios, o patrimonio da Universidade, os xardíns e os numerosos servizos que pode ofrecer Compostela, sen esquecer os locais especiais, as fiestas e os costumes. Precisamente ese enfoque, "propiciado pola gran liberdade que nos ofreceron os editores" permitiu aos autores, como explica José Formigo, "facer un repaso a unha serie de posibilidades na cidade que adoitan estar fóra das guías habituais".

O libro presenta datos prácticos e referencias imprescindibles para quen vai realizar unha viaxe a Santiago de Compostela como son as posibilidades que ofrece a cidade ao longo do ano ou como chegar e onde aloxarse. Ademais, faise unha análise dos múltiples significados que posúe Santiago como espazo monumental, relixioso, universitario ou de compras e ocio.

Na guía, os autores, bos coñecedores da cidade, suxiren espazos exclusivos e únicos onde aloxarse ou comer, aportando toda clase de datos prácticos que se completan cunha cartografía atractiva e precisa. Tamén propón nas súas páxinas distintas escapadas a vilas e cidades fóra de Compostela