Saltar ao contido principal
Xornal
Portada cadernos de psicoloxía.Comunicarte
Portada cadernos de psicoloxía.Comunicarte

Título: Cadernos de psicoloxía. Comunicarte

Autor: José Ortuño Vilurbina (director), Carmen Ariza Tejeda, Manuel Juncal Gil, Nadia Peláez Rodelgo

Editorial: Colegio Oficial de Psicólogos de Galicia

Lugar e ano: Santiago 2004

Despois de dous anos de silencio, volve á calle a Revista CdP (Cadernos de Psicoloxía). Nesta nova etapa CdP pretende ser un medio de comunicación da Psicoloxía coa Sociedade, nun lugar de expresión para aqueles a quenes interesa a conducta humana, un espacio para o lector que se queira acercar ao coñecemento das persoas.

Esta revista, editada polo Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia, chegaralles aos colexiados galegos gratuitamente, como un servizo máis do seu Colexio, pero –según os promotores- "o seu público obxectivo exténdese, non só a tódolos profesionais da Psicoloxía, senon a todos aqueles cuxa profesión ou traballo teña relación coas persoas, ou -simplemente- a todos aqueles que sintan interese polo comportamento dos seres humanos".

Para tódolos lectores potenciais, o Colexio Oficial de Psicologos quere crear "un producto que combine o rigor da investigación có interés da actualidade, a divulgación dos coñecementos coa amenidade de contenidos, o tratamento de grandes temas coa realidade cotiá que nos ocupa día a día".

Teñen como obxectivo tratar a realidade do que ocorre na sociedade galega e comunicala, "tratando de abrirse a unha visión multidisciplinar".

"A Psicoloxía –din os editores de CdP- ten hoxe moito que aportar á sociedade nunha gran variedade de campos (terapia, educación, organizacións, deporte, xustiza, catástrofes,...) e dende todos eles demándase a súa intervención". Pero, "para ter unha visión clara da realidade -engaden-, fan falla perspectivas diversas, equipos multidisciplinares, contar coa aportación e a experiencia de outras áreas do coñecemento, de outras profesións, de outras maneiras de facer e de aborda o que ocorre".

Por elo, "queren abrir a participación na revista a todos aqueles cuxas áreas de traballo ou interés sexan limítrofes coa nosa (xornalistas, avogados, médicos, graduados sociais, educadores, comunicadores en xeral, arquitectos, estudiosos das ciencias humanas, orientadores e un larguísimo etc.), pensando que para crecer compre cooperar e compartir".