Saltar ao contido principal
Xornal
portada libro
portada libro

Título: Medicina e Humanismo. Homenaxe a Domingo García - Sabell

Autor: Marcelino Agís Villaverde e Darío Villanueva, compiladores

Editorial: Universidade de Santiago de Compostela e Editorial Galaxia

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2003

Domingo García-Sabell foi, de certo, un home comprometido coa Universidade e con Galicia a partes iguais, pero non a base de dividir o seu compromiso en dúas metades senón recobrándoo ata conseguir dúas enteiras partes. A Universidade de Santiago de Compostela rende cumprida homenaxe con este libro a Domingo García-Sabell, un intelectual e un home de ciencia vencellado coa institución universitaria e con Galicia de múltiples e moi intensas maneiras. O proxecto nace e desenvólvese da man doutra institución do país á que tamén estivo intimamente unido o homenaxeado: a Editorial Galaxia, da que García-Sabell foi presidente do seu Consello de Administración, cando se renovou, logo da desaparición de personalidades como Otero Pedrayo, Gómez Román, Martínez risco, Ferro Couselo ou Antonio Fernández López.