Saltar ao contido principal
Xornal
portada Innovación-Globalización
portada Innovación-Globalización

Título: Innovación v. Globalización

Autor: Domingo Neira García

Editorial: Tórculo Edicións

Lugar e ano: Santiago 2004

Ao longo da publicación o autor dá conta dos elementos que afectan ou poden afectar negativamente ao desenvolvemento da vida cotiá cando se formulan novos enfoques das diversas cuestións sociopolíticas, económicas e culturais. O libro comeza cunha análise da realidade persoal e social ante o fenómeno globalizador e unha aproximación ás variantes innovadoras para continuar cunha reflexión sobre a innovación na ensinanza e a explicación de experiencias básicas para a innovación. A publicación complétase con capítulos dedicados aos novos recursos como esixencia para a innovación, os modelos innovadores e, tras un apartado sobre relaxación na aula e a mellora escolar, remata coa base legal para o ámbito escolar europeo.

No libro, o autor, quen denuncia o reparto dos escasos recursos dedicados á educación, descubre aplicacións á transferencia do coñecemento, narrando vivencias así como formas de resolver algúns problemas derivados dos cambios permanentes do novo século.

O profesor Neira con esta obra trata de orientar ao lector sobre cómo superar os momentos sociais, políticos e culturais actuais a través da innovación escolar e social. En definitiva, fala Domingo Neira de recuperar os conceptos deteriorados e así adquirir unha visión do global para saber actuar no local.