Saltar ao contido principal
Xornal
Portada do monográfico de Télos
Portada do monográfico de Télos

Título: Télos. Revista Iberoamericana de Estudios Utilitaristas. Monográfico sobre David Hume

Autor: José Luis Tasset (Coord.)

Editorial: Servizo de Publicacións da USC e Universidade de Wyoming

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2011

Télos. Revista Iberoamericana de Estudios Utilitaristas, editada polo Servizo de Publicacións da USC, conmemora nun volume monográfico o tricentenario do nacemento de David Hume (1711-1776), o máis importante filósofo en lingua inglesa e un dos máis notables pensadores da filosofía occidental.
 
A obra inclúe a tradución a castelán e edición crítica dos Diálogos sobre la Religión Natural (Dialogues concerning Natural Religion, editados postumamente en 1779) realizada polo profesor emérito da Universidade de Wyoming e grande autoridade internacional na figura de Hume, Carlos Mellizo.

 A edición contra cunha introdución e bibliografía comentada, de autoría do catedrático da Universidade da Coruña José Luis Tasset, e cun epílogo da catedrática emérita da USC Esperanza Guisán.