Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de Estudos Migratorios
Portada de Estudos Migratorios

Título: Estudos Migratorios. Revista galega de análise das migracións. Vol. II Núm. 2

Autor: Varios

Editorial: Consello da Cultura Galega e Universidade de Santiago de Compostela

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2010

Estudos Migratorios é unha revista destinada a ampliar e difundir o coñecemento científico no eido do estudo en perspectiva histórica, económica, sociolóxica, antropolóxica ou politolóxica, cunha especial atención ao ámbito galego. Temáticamente, abrangue todos os eidos das ciencias sociais e das humanidades, e vai dirixida a investigadores, historiadores profesionais, estudantes e todas aquelas persoas interesadas no coñecemento científico do fenómeno migratorio.

No volume II do número 2 desta publicación semestral, coeditada polo Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela, pódense encontrar os seguintes dossiers: Os movementos migratorios no longo prazo: Carballo, 1877-1981, de Alberte Martínez López; As migracións selectivas do capitalismo comercial. O caso dos galegos de Porto Rico nos séculos XIX e XX, de Joaquín Miguel Villa Álvarez ; A emigración no concello de Santa María de Xeve (1841-1945), de Mª del Pilar Rojo Otero ;”Vin porque me trouxeron, non quería vir”. De Carnota a Astoria. A emigración de Carnota na cidade de Nova York, de Manuel Vilar Álvarez; Mulleres, fotografía e emigración, de Pilar Montero Rivas e Unha sociedade galaica cun ámbito de referencia crioulo: o Centro Gallego de Barracas al Sud/Avellaneda, de Ruy Farúas.

A revista contén tamén o documento Marcelino Gómez Arias (1880-1924): Unha loita pola República e o agrarismo entre América, Portugal e Galicia, de Perfecto Ramos Rodríguez e as recensións dos textos A inmigración galega á Andalucía Atlántica no século XIX. de Esmeralda Broullón Acuña , e realizada por Bárbara Ortuño Martínez; El protagonismo de la mujer en las corrientes migratorias españolas, de X. Amancio Liñares Graut, e realizada por Nerea Aresti; Historia dunha migración difusa. 500 anos de emigración galega a Lisboa. 1908-2008 de Xan Leira e realizada por Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez e Casa de Indianos, Pontevedra de Fernando Bores Gamundi e realizada por Domingo L. González Lopo.