Saltar ao contido principal
Xornal
 Portada de La Palabra en el texto
Portada de La Palabra en el texto

Título: La palabra en el texto. Festschrift für Carlos Buján

Autor: Varios

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2011

Neste volume encontramos unha homenaxe escrita a Carlos Buján, catedrático de Filoloxía Alemá, da USC, realizada polos seus compañeiros e colaboradores. Os setenta anos de Carlos Buján constitúen unha magnífica ocasión para ofrecerlle esta homenaxe, unha Festschrift na mellor tradición xermánica, á que contribuíron algúns dos seus amigos, colegas e discípulos. A variedade de ámbitos de traballo, idades y localizacións xeográficas dos seus autores reflicte a facilidade de Carlos Buján por transitar con persoas de distintas disciplinas, especialidades, nacionalidades e situacións persoais ou académicas. Con todo, a maioría dos traballos aquí reunidos pertencen a área de filoloxía alemá, na que Carlos Buján destacou tanto pola súa capacidade de orientar a novos investigadores e docentes en cernes como pola súa contribución, desde Santiago, á consolidación e profesionalización dunha xermanística española.

Para os seus amigos e colaboradores, Buján representa o pracer da lectura, a curiosidade intelectual, a apertura a todas as ramas do saber, a proximidade da palabra falada nun mundo de comunicacións virtuais ou a memoria viva da universidade. Uns recoñecen nel ao mestre que soubo estimular o seu interese pola filoloxía unido á esixencia do traballo ben feito; outros recoñéceno como guía nas súas carreiras universitarias e no personaxe fundamental para madurar academicamente.