Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de Consideración sintáctico-semántica de esse. Un estudio a través de la prosa de Livio
Portada de Consideración sintáctico-semántica de esse. Un estudio a través de la prosa de Livio

Título: Consideración sintáctico-semántica de esse. Un estudio a través de la prosa de Livio

Autor: Concepción Cabrillana Leal

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2010

A obra contén un estudo de conxunto sobre o esse latino, que aborda tamén unha análise do status sintáctico-semántico que corresponde a este verbo e que, de acordo co tal status, examina cómo poden describirse e explicarse as diferentes construcións que esse é capaz de formar, que non se realizara dende a obra de Jules Marouzan La phrase á verbe être en latin (1910). Isto é, en esencia, o que pretende esta monografía, que tivo en conta metodoloxías lingüísticas recentes e as últimas investigacións teóricas sobre a cópula desde os puntos de vista funcional, cognitivo e tipolóxico. Este traballo realiza unha análise dende a consideración dos principais niveis lingüísticos –sintaxe, semántica e pragmática- que interveñen no funcionamento da maioría dos feitos de lingua, niveis cuxas implicacións mutuas fan que dificilmente se poida prescindir dalgún deles nunha investigación que queira analizar fenómenos lingüísticos.

 
Concepción Cabrillana Leal é profesora titular de Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Centrou a súa investigación de maneira principal no ámbito da sintaxe latina, aplicando unha análise propiamente sintáctica, semántica e pragmática a diferentes feitos lingüísticos, e en particular ao estudo dos verbos de estado e existencia, entre os que destaca de maneira especial o esse latino. Na actualidade examina tamén diversos aspectos da sintaxe dos casos, a subordinación oracional e a orde de palabras en latín. Outras liñas de investigación da autora sitúanse na literatura latina (comedia), o latín vulgar e tardí e a edición crítica e tradución de textos latinos (Terencio, Tácito).