Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de English Spelling for EFL Students
Portada de English Spelling for EFL Students

Título: English Spelling for EFL Students

Autor: Paula López Rúa

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2011

Este manual proporciona, aos estudantes de inglés de nivel medio e avanzado como lingua estranxeira, coñecemento e práctica, co que  mellorarán as súas habilidades de ortografía. O libro está dividido en seis capítulos, e o seu contido está baseado na análise dos erros de ortografía encontrados en exames, redaccións e exercicios feitos por estudantes universitarios españois.

O capítulo 1 aborda os aspectos básicos da ortografía inglesa, tales como o uso das letras maiúsculas e o apóstrofe ou os cambios ortográficos nos nomes, verbos e adxectivos como resultado da suma de afixos invariables.
 
O capítulo 2 céntrase en áreas que tenden a ser problemáticas para os estudantes españois de inglés, como por exemplo a duplicación de consonantes.
 
O capítulo 3 trata a ortografía de afixos problemáticos como <hyper> (non <hiper>) ou <-ful> (non <-full>). Xa no capítulo 4 relátanse algúns aspectos da ortografía inglesa en canto á pronunciación. De este modo, trata, por exemplo as letras silenciosas ou as homófonas. 
 
O capítulo 5 céntrase na relación entre a ortografía e a variación xeográfica e resume as diferenzas máis importantes entre o inglés británico e o americano. E por último, o capítulo 6 proporciona máis práctica da ortografía inglesa a través de diferentes tipos de actividades, como exercicios de escoller a resposta correcta entre varias opcións, de corrixir erros ou exercicios de categorización.
 
Ademais, tamén se poden encontrar máis actividades e xogos. O manual pode ser usado para o estudo propio, xa que tamén inclúe as respostas aos exercicios na parte final do libro, onde os estudantes poden comprobar as respostas correctas ou recomendadas para todos os exercicios.